Ver tres relatos de Madia leva!: Veña merenghe! A miña amiga Moita, moita, policía
El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos
14,00 €Urbano Lugrís
108 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-24-3
Urbano Lugrís era un poeta pintor. E o único pintor do mundo capaz de escribir baixo a auga, en palabras doutro gran escritor e poeta, Manuel Rivas. Alvarellos Editora rescata este verán once textos “somerxidos” de Lugrís. Prosas e poemas –en castelán e galego– moi pouco coñecidos ata hoxe (mesmo algún inédito) que nos internan no seu fascinante universo narrativo e lírico.
Baixo o título El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos agrúpanse textos dispersos que foron aparecendo desde a edición, en 2008, daquela primeira Balada de los mares del norte (Alvarellos Editora), único volume de Lugrís ata a data, pois o artista falecía en 1973 sen ver publicado, en libro, o seu rico e abundante traballo literario, esparexido e esquecido, durante décadas, en xornais e revistas… A profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez, especialista en Lugrís, encárgase do coidado da edición.
Ademais dos 11 textos, este volume reúne 25 debuxos do autor, tamén moi pouco divulgados; entre eles, as fermosas letras capitulares que creaba o pintor para iniciar os seus escritos.
El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos bríndanos a impagable oportunidade de internarnos, de novo, nese mundo de tesouros ocultos, grutas e naufraxios. Escenarios escritos e pintados a un tempo pola pluma e o lenzo inigualables de Urbano Lugrís.