• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

8,00 

NAVEGANDO CARA A ÍTACA

2º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013

 

Formato: 50 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-61-2

 

O gran poema grego da Odisea, onde Homero describe a peripecia do heroe Ulises ata regresar á súa patria, Ítaca, é o fío condutor desta recreación poética de Rafael Catoira Rey.

 

En Navegando cara a Ítaca, a vida —e a poesía— móstranse como a viaxe imprevisible que efectivamente son.

 

A obra principia cun “Ítaca non existe” para proseguir logo con esta declaración de intencións: “Viaxo ó teu encontro. / Non chegar nunca, / gozar só do presaxio” (…).

 

Polos versos de Rafael Catoira van transitando algúns dos personaxes do poema homérico: Ulises, a súa muller Penélope, o seu fillo Telémaco, o xigante Polifemo… Aos que fai falar e reflexionar, e aos que a voz poética tamén interpela.

 

2º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013.

777032e24321
Compartir

Autoría

Rafael Catoira Rey naceu na aldea de Laxe, no municipio de Culleredo (A Coruña). Dedícase á actividade empresarial no sector da construción. «A crise económica reduciu a miña empresa e deume o tempo necesario para dedicarme ao que sempre desexei e deixara de man: escribir», confesa. Este é o seu primeiro libro de poemas.