• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

María Álvarez Landesa

María Álvarez Landesa (Vigo, 1970). Era moi noviña cando aprendeu que, na area mollada da praia, podía xogar coas letras e escribir todas as historias que xa inventara o vento. Entre Vigo, Santiago de Compostela e Dijon estudou Filoloxía Hispánica polo pracer de vivir nas palabras. Tamén nos libros. Dá aulas para aprender un pouco máis cada día e forma parte do colectivo de escrita feminista As Comadres das Letras, con quen en 2023 publicou a obra coral Contármonos (Alvarellos Editora). De 2022 é o seu libro Como dúas crebas, que viu a luz da man das súas compañeiras. «Son ginkgo biloba no outono, faísca no inverno, candea na primavera e limoada no verán. Pés na terra e rizos onde aniñar, gústame sentir que a vida é pura sinestesia para deixar que o verso limpo se encargue da evocación». (Fotografía da autora: Eva Teixeiro).

Libros do Autor

Os pozos elegantes das clavículas

14,50 

María Álvarez Landesa

 

66 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-63-6
PAPEL FSC Amigo dos Bosques
Inclúe código QR con poemas recitados pola autora.

 

«A voz inmaculada dunha muller orfa que sabe que perdeu a súa condición de filla». Así define os novos versos de María Álvarez Landesa a tamén poeta Míriam Ferradáns, no limiar a esta obra, Os pozos elegantes das clavículas, na que a autora rende homenaxe á súa nai. O libro inclúe un código QR onde escoitar á autora recitando algúns dos seus poemas.

 

A AUTORA RECITA OS SEUS POEMAS:

 

O novo libro de poemas de María Álvarez Landesa leva por título Os pozos elegantes das clavículas (Alvarellos Editora, 2024). Ofrécenos nel, en palabras da autora do limiar, Míriam Ferradáns, «a voz inmaculada dunha muller orfa que sabe que perdeu a súa condición de filla.

 

»A través dunha retrospectiva tenra, madura e, en certo modo, irreverente, viaxamos canda ela a unha infancia en primeira persoa, a unha continua poética da apelación do nós.

 

»Indefensa, a poeta percorre distintos períodos vitais á intemperie. A súa voz coloniza un libro inzado dunha dozura suave pero firme como única ferramenta posible.

 

Convídovos a gozar desta paisaxe. Permitirnos a delicia da tristeza que nos ofrece Os pozos elegantes das clavículas é unha pausa necesaria».

 

 

POEMAS RECITADOS POLA AUTORA

 

O libro inclúe un código QR onde poder escoitar á autora recitando algúns destes poemas, sobre as bases musicais de Paco Dicenta.

 

 

NP_GAL_Os_pozos_elegantes_das_clavículas_Alvarellos_Ed_2024