• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

9,00 

CINZA DE ESTRELAS

2º Premio no XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba

 

Formato: 14 x 21 cms | 60 pp
ISBN: 978-84-89323-31-5

 

A escrita como refuxio. A poesía tórnase en vieiro para alcanzar o coñecemento das cousas. O verso revélase nas páxinas desta obra como un xeito de deter o fuxidío da existencia. As palabras como contención.  “Unhas palabras que paguen a pena ser escritas / que atrapen a memoria”, di a autora no poema “Adiviñanza”.

 

Esta obra contén numerosas referencias a poetas clásicos e contemporáneos, que enriquecen a proposta creativa de María Isabel Vázquez: dende Cunqueiro, Valente, Luz Pozo Garza ou Novoneyra ata Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello ou Luís Rei Núñez.

 

Esta obra logrou en 2014 o segundo premio na edición número 40 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba.

a59b44af6abf
Compartir

Autoría

Mª Isabel Vázquez naceu en Palas de Rei (Lugo) en 1963 e aos dous anos trasladouse coa súa familia a vivir a Sestao (Biscaia). Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade do País Vasco, recibiu na súa terra de adopción numerosos recoñecementos e premios; o máis recente (xuño de 2015) é o primeiro premio do XV Certame de Poesía "Anduriña voandeira" da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi pola obra titulada De ferro e tenrura. Antes, lograra o primeiro premio no XIII Concurso de Literatura Espistolar convocado por Correos (empresa onde traballa) coa obra El almirante Cristoforo, o terceiro premio de poesía da XVII semana cultural das Letras Galegas do Centro Galego de Sestao polo seu poema “Lembranza” e o XIX premio de poesía en galego da Sociedad Artística Ferrolana por “Xardíns de aceiro”.

Confesa que unha das súas ilusións sería retirarse a unha torre en Galicia, como no seu día fixo Michel de Montaigne no Périgord, para escribir e camiñar polos bosques da Ulloa e poder sentir aquilo que expresaba o poeta Uxío Novoneyra: “Si o aire quer... chegarein a non ser ninguén”.