• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
Novo

16,90 

Meridiano Orixe [50º Premio de Poesía de Vilalba]

Andrea F. Maneiro

 

 

100 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-75-9.
PAPEL FSC Amigo dos Bosques

 

 

NP_GAL_Meridiano_Orixe-Alvarellos_Ed_2025

 

 

Versos e imaxes, palabra e cor. A maxia habita nas esquinas do mundo e Andrea F. Maneiro atopouna nos momentos sinxelos da vida. Meridiano Orixe é o lugar onde comeza e remata o tempo.

 

Publicamos, na nosa colección Libros do Sarela, o volume galardoado na edición número 50 do Premio de Poesía do Concello de Vilalba, un espectacular libro de viaxes que percorre medio mundo abandeirando o verso e captando ese intre fotográfico fuxidío de rostros e paisaxes. Exipto, Vietnam, a India, Porto, Chipre, Romanía, Compostela ou Carril…

 

«Andrea non é poeta, é perfumista. Só ela podería trenzar unha ruta da seda cunha senda das especias e que funcionase como o trazado dunha espiña dorsal sinestésica. Columnata meridiana».

Emma Pedreira, no Limiar.

 

Compartir

Autoría

Andrea F. Maneiro (Carril, 1964). De oficio, locutora radiofónica. Viaxeira e fotógrafa afeccionada que capta en poemas e instantáneas esa emoción dos intres efémeros. No seu andel loce algúns galardóns literarios, entre os que destacan o IX Premio de poesía Leiras Pulpeiro polo poema «Inventario dun adeus», o V Premio Torre de Caldaloba coa obra Contratempos, o XVI Certame de poesía erótica Illas Sisargas por Edénicas ou o IV Premio de poesía Eduardo Pondal, por Voto de silencio. Fotografía da autora: José Luis Oubiña.
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).