• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

11,00 

30 GRAMOS (Edición en castelán)

Realidade e ficción. A novela/manifesto do artista portugués Leonel Moura.

 

Páxinas: 98
Medidas: 14×21 cm
Idioma: castelán
Tradución do portugués: Ramón Nicolás
ISBN: 978-84-89323-42-1
Encadernación: rústica con lapelas

 

Gianfranco andaba obsesionado polo contido das pequenas latas creadas por Piero Manzoni en 1961. Quería abrir unha delas para averiguar se eran realmente as feces do artista as que estaban dentro. Este é o punto de partida dunha novela fascinante que, mesturando xéneros (realidade e ficción, novela negra, diario íntimo, ensaio…), percorre a arte máis subversiva e incomprendida do século XX.

 

8bf368f91a6a
Compartir

Autoría

Leonel Moura (Lisboa, 1948) é un artista conceptual especializado en intelixencia artificial e arte robótica. Entre as súas creacións figuran os RAP (Robots Action Painter) que se mostran desde 2006 en exposición permanente no Museo Americano de Historia Natural de Nova York (ver vídeo abaixo). En 2009 foi nomeado “Embaixador europeo da creatividade e a innovación”. É tamén autor dos libros: Formigas, Vagabundos e Anarquia (2003), Robotarium (2007) e Poesia robótica (2009), entre outros.