Meridiano Orixe [50º Premio de Poesía de Vilalba]
16,90 €Andrea F. Maneiro
100 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-75-9.
PAPEL FSC Amigo dos Bosques
NP_GAL_Meridiano_Orixe-Alvarellos_Ed_2025
Versos e imaxes, palabra e cor. A maxia habita nas esquinas do mundo e Andrea F. Maneiro atopouna nos momentos sinxelos da vida. Meridiano Orixe é o lugar onde comeza e remata o tempo.
Publicamos, na nosa colección Libros do Sarela, o volume galardoado na edición número 50 do Premio de Poesía do Concello de Vilalba, un espectacular libro de viaxes que percorre medio mundo abandeirando o verso e captando ese intre fotográfico fuxidío de rostros e paisaxes. Exipto, Vietnam, a India, Porto, Chipre, Romanía, Compostela ou Carril…
«Andrea non é poeta, é perfumista. Só ela podería trenzar unha ruta da seda cunha senda das especias e que funcionase como o trazado dunha espiña dorsal sinestésica. Columnata meridiana».
Emma Pedreira, no Limiar.