• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
NovoNovo

14,50 

Cunetas

Luís Pimentel

62 pp. 14 x 21 cms
ISBN 978-84-18567-97-1
Papel FSC. Amigo dos Bosques

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.

Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros dispersos de Pimentel da mesma temática de denuncia da represión franquista. Son once en total máis o poema apócrifo en galego «Cunetas».

Estamos diante duns versos de anguria e dor, do berro desesperado dun dos máis extraordinarios poetas que deu Galicia.
Colaboran nesta edición o filólogo Claudio Rodríguez Fer ‒que repasa a traxectoria poética de Pimentel e o significado destes versos‒, e Xurxo Martínez González, que asina o Epílogo.

Rodríguez Fer define o verso de Pimentel como «exquisito e sensible», e a súa poética como «existencial, íntima, solidaria, política…». No Epílogo, Xurxo Martínez González afirma: «Eu, ao ler os poemas de Cunetas fago meu todo o sangue verquido pola liberdade do noso pobo e pola fraternidade de todos os esquecidos».

 

Compartir

Autoría

"Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958) foi un poeta extraordinario. O seu verso é urbano, vangardista, sobrio, sensible coa xente desamparada e vulnerable, devoto de Rosalía de Castro... Unha poesía que recibiu a influencia do modernismo hispánico, o simbolismo francés ou o grupo español do 27, tal e como nos explica, nas páxinas introdutorias, Claudio Rodríguez Fer. En vida só publicou un pequeno volume, Triscos (1950); postumamente aparecerían Sombra do aire na herba (1959) e Barco sin luces (1960), con prólogo de Dámaso Alonso. Exerceu a Medicina sen moita vocación, presente sempre nel a súa alta sensibilidade, e dos seus días no Hospital Provincial de Lugo xorde a excepcional serie poética «Diario de un médico de guardia». A súa obra dispersa e inédita sería reunida en 1981 por Araceli Herrero Figueroa. Nela aparecerá, por vez primeira, a serie titulada «Cunetas»."
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).