Cunetas
14,50 €Luís Pimentel
62 pp. 14 x 21 cms
ISBN 978-84-18567-97-1
Papel FSC. Amigo dos Bosques
A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.
Agora, Alvarellos Editora lanza unha singular edición que reúne todas estes poemas xunto con outros dispersos de Pimentel da mesma temática de denuncia da represión franquista. Son once en total máis o poema apócrifo en galego «Cunetas».
Estamos diante duns versos de anguria e dor, do berro desesperado dun dos máis extraordinarios poetas que deu Galicia.
Colaboran nesta edición o filólogo Claudio Rodríguez Fer ‒que repasa a traxectoria poética de Pimentel e o significado destes versos‒, e Xurxo Martínez González, que asina o Epílogo.
Rodríguez Fer define o verso de Pimentel como «exquisito e sensible», e a súa poética como «existencial, íntima, solidaria, política…». No Epílogo, Xurxo Martínez González afirma: «Eu, ao ler os poemas de Cunetas fago meu todo o sangue verquido pola liberdade do noso pobo e pola fraternidade de todos os esquecidos».