• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

9,50 

Caldaloba en terras de Valverde

1º Premio do Iº Certame de Poesía Torre de Caldaloba (Cospeito)

 

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-67-0

 

Na histórica e hoxe moi esquecida Torre de Caldaloba (Cospeito, Lugo) resistiu ás tropas castelás, ata a súa morte, a filla do mariscal Pardo de Cela, Constanza de Castro.

 

Sobre este feito e lugar, o poeta, narrador e ensaísta Xesús Rábade Paredes (Seixas-Cospeito, 1949) crea unha lenda histórica, Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora), recoñecida o pasado decembro co 1º Premio na primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito.

 

O xurado destacou “a súa imaxinación, a riqueza do contido histórico e antropolóxico, e o xeito de enfiar un corpus poético onde pasado e presente conflúen arredor do símbolo que representa a Torre de Caldaloba”.

54a5ee11db7f
Compartir

Autoría

Xesús Rábade Paredes. Poeta, narrador, ensaísta e tradutor de dilatada traxectoria. Iniciouse moi novo na creación, sendo alumno no Instituto de Lugo de dous excelentes profesores: Mª Victoria Moreno e Xesús Alonso Montero. Membro da promoción ­poética de 1968 e antologado en Os novísimos da poesía galega (1974), en 1977 subscribe o manifesto de renovación Cravo fondo. Con Helena Villar, a súa muller, ten colaborado en varios proxectos creativos e didácticos. Obtivo, entre outros, os premios Manuel Antonio, Galicia, Esquío e González Garcés. A súa obra poética reúnese nos seguintes volumes: Xuntos cara o mañán (1969), O sangue na paisaxe (1979), No aló de nós (1981), Matria de sombra (1987), Poldros de música (1993), Cabeleira de pedra (1993), Os dedos dos loureiros (2000), Os anos da memoria (2006) e Lugar do canto (autoescolma bilingüe, 2008).

Ficha do autor na Wikipediahttp://gl.wikipedia.org/wiki/Xes%C3%BAs_R%C3%A1bade_Paredes