NP_G_CORUÑA_MEMORIA_DE_MAR_2025


12,00 €
Caixa de 11 postais
Formato: 20,5 x 13 cms
Depósito Legal C 1150-2025
NP_G_CORUÑA_MEMORIA_DE_MAR_2025
Alvarellos Editora rescata unha nova serie de imaxes históricas da Coruña. Memoria de mar reúne 11 fotografías en formato postal, algunhas moi descoñecidas, de praias desaparecidas ou bañistas gozando do verán hai un século.
Alvarellos Editora publica unha nova serie de fotografías históricas da cidade. Baixo o título xenérico de A Coruña, memoria de mar rescatamos once imaxes, algunhas delas moi descoñecidas, de praias e de bañistas disfrutando do verán. Presentadas como un “pack” de postais de gran formato.
Algunhas das imaxes proceden do Arquivo Municipal da Coruña (AMC) e tamén do Fondo do fotógrafo José Villar Martelo (1863-1951), que custodia o propio AMC. Outras son do arquivo de Alvarellos Editora.
LUGARES DESAPARECIDOS: PRAIA DO PARROTE OU CASTELO DE SANTO AMARO
A data das imaxes abarca dende inicios do século XX ata os anos 60. Entre elas, figuran dúas fotografías da desaparecida praia do Parrote e outras dúas do tamén desaparecido castelo de Santo Amaro, ubicado onde hoxe está o clube náutico.
Noutras aparecen grupos de persoas disfrutando da praia en Riazor, o Sanatorio de Oza ou Santa Cristina. Diversas estampas da baía completan esta sedutora selección de Alvarellos Editora.
Esta nova serie a coruña, memoria de mar, súmase a outras catro entregas anteriores que, dende 2016, foi publicando esta editorial e presentando, cada mes de agosto, na Feira do Libro da Coruña:
(Versión en cartoné)
Formato: 1136 pp. 16×24 cm.
ISBN (cartoné): 978-84-89323-86-5
Un volume de máis de 1.100 páxinas. Revélanse numerosos datos, documentos e ilustracións inéditos.
A esperada biografía dun personaxe fundamental na Galicia do século XIX: Antonio López Ferreiro. O profesor Carlos Santos Fernández (A Coruña, 1961) culmina con esta obra un prolixo traballo de investigación no que se revelan numerosos datos inéditos e se aportan valiosos documentos procedentes dos arquivos persoais do historiador. Preto dun cento de ilustracións enriquecen este libro de máis de 1.100 páxinas, moitas delas tamén descoñecidas ata hoxe.
Pack 12 postais con estoxo | 29 x 13 cm.
ISBN 978-84-16460-09-0
Un documento gráfico moi descoñecido da cidade da Coruña: a serie completa das doce imaxes panorámicas que, nos anos vinte do século pasado, comercializou como postais de gran formato (29 x 13 cm.) o fotógrafo francés Luciano Roisin. Dende aquela, non volveran ser difundidas. Son doce escenas urbanas de alto valor documental. Preséntanse agora nesta nova edición coa estética e formato orixinais e gardadas nun novo estoxo deseñado especialmente para esta ocasión.
O NACEMENTO DO TURISMO
Na década dos anos 20, A Coruña, de igual xeito que outros puntos de Galicia e España, vivía o nacemento dun turismo que demandaba souvenirs gráficos dos lugares máis atractivos. O fotógrafo Luciano Roisin (París, 1884 – Barcelona, 1943), recoñecido editor de postais afincado en Barcelona (onde creou “La Casa de la Postal”), confeccionou un álbum con doce imaxes moi visuais, panorámicas, da Coruña. Descoñecemos se Roisin foi o autor das fotografías, só sabemos que el foi o seu editor (pois adoitaba tamén encargar o material por toda España). A exposición que se verá na Coruña parte da reprodución directa dun dos exemplares orixinais de postais, pertencente ao Arquivo Gráfico de Alvarellos Editora.
QUE MOSTRAN AS IMAXES?
As imaxes mostran, en palabras do editor Alvarellos, “unha cidade grandiosa, fermosa, que hoxe segue a ser moi atractiva, pero que é moi distinta á que nos traen estas doce panorámicas: as barcas amarradas no Parrote, o novo rañaceos do Banco Pastor sobresaíndo no skyline (un edificio inaugurado no outono de 1925 e que foi, cos seus 40 metros de alto, o primeiro rañaceos de Galicia), unha praia de Riazor con bañistas entre gamelas, os Cantóns cos emblemáticos hoteis como o Gran Hotel de Francia, o Gran Hotel Londres, o Hotel Palace ou o Atlantic Hotel… Fronte a eles apenas vemos coches, só tranvías e peóns. E tamén temos panorámicas como a do Castelo de San Antón, a da Torre de Hércules (unha vista —moi diferente a hoxe— dende a Torre) ou a da actividade no Porto cun barco pesqueiro que, no intre da foto, está a botar as redes, co sistema do cerco, a escasos metros do litoral”.
“Luciano Roisin sempre buscaba perspectivas extraordinarias das cidades, moi visuais e de gran profundidade, como a que obtén dende o alto do rañaceos do Banco Pastor. Será unha delicia para coruñeses e visitantes; non o dubidamos”, conclúe Alvarellos.
⇒ VER A CORUÑA ANOS 20 (II). Oito novas panorámicas.
Estoxo de 12 postais plastificadas mate.
Formato 21 x 13 cm.
ISBN 978-84-16460-40-3
Presentamos unha nova serie de fotografías da cidade da Coruña obtidas na época da IIª República, editadas e comercializadas neses anos polo fotógrafo Luciano Roisin (París, 1884 – Barcelona, 1943), rescatadas agora en formato de postais de gran tamaño (21 x 13 centímetros) e presentadas nun estoxo de novo deseño.
A Coruña anos 30 reúne 12 singulares panorámicas da cidade. Sabemos que estas fotografías foron obtidas arredor do verán de 1932 porque nunha delas aparece, no Cantón Grande, o Teatro Linares Rivas (fermoso edificio modernista de 1920 derrubado en 1937) co anuncio na súa carteleira da estrea na cidade da zarzuela Katiuska. La mujer rusa, primeira obra lírica de Sorozábal, que actou na Coruña o venres 22 de xullo de 1932.
Outras imaxes mostran a nova nomenclatura urbana do novo réxime, como é o caso da Avenida da República (actual Avenida da Mariña) ou tamén homenaxes a republicanos ilustres como Emilio Castelar, quen fora un dos presidentes da Iª República e que deu nome, dende finais do XIX ata 1937, á Rúa de Castelar, actual Rúa Nova.
Outras fotografías recollen momentos especiais do verán como o intre do baño nunha irrecoñecible Ría del Pasaje, actual Ría do Burgo; un animado día de praia en Riazor ou os inicios da Ciudad Jardín –esa idea pioneira de barrio humanizado onde se alzaban preciosas casas unifamiliares–. A Rúa Real, a Dársena ou Juana de Vega completan esta viaxe pola Coruña da República.
A Coruña anos 30 é a terceira serie de fotografías históricas da cidade rescatadas por Alvarellos Editora. En 2016 foi A Coruña Anos 20 (12 imaxes) e, en 2018, A Coruña anos 20 (II), con oito imaxes inéditas, todas elas do editor Luciano Roisin.
Estoxo de 12 postais plastificadas mate.
Formato 21 x 13 cm.
ISBN 978-84-16460-40-3
Páxinas: 148
Medidas: 20x 19
Idioma: galego
Primeira edición: maio 2007
ISBN: 978–84–89323–14–8
Ilustracións: galería gráfica con fotos, documentos e recortes de prensa dende 1977 a 2007.
Limiar: “Notas para unha historia do libro en Galicia”, por Henrique Alvarellos Casas.
Volume conmemorativo dos trinta anos de existencia dunha das editoriais máis veteranas do país: Alvarellos Editora. Empresa familiar e independente creada en Lugo por Enrique Alvarellos Iglesias (1931-2004) en maio de 1977. Trinta e tres autores –escritores, xornalistas, editores, libreiros, profesores, promotores culturais, etc.– reflexionan nesta obra sobre o libro galego e o mundo da edición en Galicia dende a Transición ata hoxe, e homenaxean, a un tempo, a figura irrepetible do fundador de Alvarellos Editora.
O libro conta, así mesmo, co estudo introdutorio “Notas para unha historia do libro en Galicia, 1966-2007”, onde o actual editor da empresa, Henrique Alvarellos Casas, leva a cabo un percorrido cronolóxico sobre os feitos máis sobranceiros deste proxecto editorial. Finalmente, unha galería gráfica mostra, en fotografías, recortes de prensa e documentación varia, a xestación desta empresa e os seus trinta primeiros anos de vida.
OS AUTORES
Participan nesta publicación (por orde alfabética):
Adolfo de Abel Vilela, historiador.
Xavier Alcalá, escritor.
Xesús Alonso Montero, catedrático emérito de Literatura Galega, ensaísta e polígrafo.
José Alonso Sánchez, xornalista de El Progreso.
Henrique Alvarellos Casas, editor e xornalista.
Luís Álvarez Pousa, xornalista e profesor de Xornalismo na USC.
Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega da Lingua.
Manuel Bragado, editor de Edicións Xerais de Galicia.
Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Tucho Calvo, director de Biblos Clube de Lectores e redactor xefe de La Voz de Galicia.
Toño Castro, maxistrado.
Xaime Corral, presidente da Federación de Libreiros de Galicia.
Jesús Couceiro, libreiro.
Isaac Díaz Pardo, editor, artista e refundador de Sargadelos.
Afonso Eiré, director do semanario A Nosa Terra.
Miguel Anxo Fernán Vello, director de Edicións Espiral Maior e poeta.
Francisco Fernández del Riego, co-fundador da Editorial Galaxia.
Xesús Fraga, escritor e xornalista de La Voz de Galicia.
Xosé María G. Palmeiro, xornalista.
Alfonso G. Sanmartín, presidente da Asociación Galega de Editores.
Bieito Ledo, editor de Ir Indo.
Antón Mascato, director adxunto de Nova Galicia Edicións.
José López Orozco, alcalde de Lugo.
Xesús Mato, crego rural.
Luís Pérez, xornalista e redactor xefe de El Correo Gallego.
Xosé Antón Perozo, escritor e xornalista.
Olivia Rodríguez, profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña.
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.
Xavier Senín, xornalista e subdirector xeral de Cultura da Xunta de Galicia entre 1987 e 2006.
Anxo Tarrío, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da USC.
Marcos Valcárcel, catedrático de Lingua e Literatura Galegas e historiador.
Armando Vázquez Crespo, escritor e xornalista.
Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.
Caixa de 11 postais panorámicas
Formato: 20,5 x 13 cm.
Depósito Legal C 1000-2022
Alvarellos Editora rescata unha nova serie de postais históricas da Coruña. Nesta ocasión, once fotografías coloreadas, publicadas así orixinalmente, en cor, na década dos 50, e tratadas manualmente a partir de imaxes en branco e negro. Pertencen á serie de postais das famosas casas zaragozanas Ediciones García Garrabella e Ediciones Arribas.
Formato: 264 pp. 14×21 cm.
ISBN: 978-84-89323-78-0
O xornalista Xavier Navaza (Lalín, 1948-Santiago, 2024) reconstrúe os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega, José Bolaños. Coma se se tratase dunha daquelas impactantes reportaxes que Navaza elaboraba para as revistas Interviú ou La Calle nos anos 70 e 80, El último amante de Marilyn ten todos os ingredientes dunha potente crónica xornalística, mais tamén os atractivos dunha grande novela.
E vai máis alá de Marilyn. Fuxe do mito e regresa constantemente a el, nunha trama de historias entrelazadas. Aparecen Luis Buñuel, Richard Nixon, Al Capone, Jean Leon, o Che Guevara, Fidel Castro… Ao seu carón, seres anónimos —emigrantes e exiliados galegos e españois— engaiolados polos neóns daquel gran “soño” americano.
El último amante de Marilyn inclúe fotografías moi poco coñecidas de Marilyn Monroe con José Bolaños ou cos irmáns Kennedy, e tamén imaxes de Luis Buñuel, Richard Nixon, Jean Leon, Fidel Castro, o Che Guevara, Carlos Velo ou Juan Rulfo.
![A Coruña, memoria de mar [Fotografía histórica en once postais]](https://alvarelloseditora.gal/wp-content/uploads/2025/07/A-Coruna-Memoria-de-Mar-scaled.jpg)