• 0 Items - 0,00 €
    • Non hai produtos no carriño.

Autoría

Andrés Cisneros

Andrés M. Cisneros Pereiro (Santiago, 1820 - A Coruña, 1895). Pioneiro da fotografía galega e española. Dende 1855 exerce en Compostela como retratista ao óleo e miniaturista. Rexentou unha galería fotográfica no número 45 da Rúa Nova. O único traballo seu que chegou ata nós foi esta serie de fotografías de Santiago en 1858.

Libros do Autor

SANTIAGO, 1858. As fotos máis antigas de Galicia

8,00 €
Colección de 10 postais

Formato: 15×10 cm.
ISBN 978-84-89323-62-9

 

Un documento único. Dez imaxes de Santiago de Compostela datadas en 1858. Unha selección das fotografías máis antigas de Galicia. O seu autor foi o artista compostelán Andrés Cisneros, todo un precursor da fotografía española, hoxe inxustamente esquecido.

 

Parte destas imaxes integrarían un álbum de agasallo á raíña Isabel II, que en setembro daquel ano visitou Galicia. En 1858, a fotografía levaba pouco máis dunha década inventada, polo que esta serie, agora convertida en postais, sitúa a Santiago entre as cidades de Galicia e España pioneiras no cultivo dunha arte que revolucionaría a nosa forma de ver o mundo.

 

EXPOSICIÓN ITINERANTE CON 20 FOTOGRAFÍAS

Estas dez imaxes son unha parte da exposición itinerante que, cun total de vinte fotografías de 1858, inicia a súa andaina en Santiago de Compostela o día 1 de setembro de 2014. Durante todo o mes están expostas no Café Casino (rúa do Vilar, 35); posteriormente, viaxarán por outros espazos da capital de Galicia (centros socioculturais de Fontiñas, o Ensanche, a Rocha e Conxo) e, en 2015, por diferentes cidades e vilas do país.

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).