• 0 Items - 0,00 €
    • Non hai produtos no carriño.
Novo

19,90 €

A siderurxia e o naval, en loita

Jessica Nogueira Castro

200 pp. 13 x 23 cms
ISBN 979-13-88293-02-3
Impreso en Papel Amigo dos Bosques

A historiadora e investigadora da Universidade de Santiago Jessica Nogueira Castro é a autora de A siderurxia e o naval, en loita, un orixinal estudo que recibiu este ano en Vigo o Premio de Ensaio da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo. A obra percorre e analiza as masivas protestas contra a primeira reconversión industrial do goberno socialista, desenvolvida entre 1983 e 1985.

[Arriba, capa estendida do libro, onde se reproduce a histórica fotografía de Víctor de las Heras coa protesta do naval vigués, diante de El Corte Inglés ,o 16 de xaneiro de 1984.]

Recollidas de sinaturas, cortes de estradas, barricadas, peches, folgas e enfrontamentos coa policía volvéronse habituais en cidades como Sagunto, Vigo, Ferrol, Bilbao, Xixón ou Puerto Real dende que en febreiro de 1983 se anunciara o peche de Altos Hornos del Mediterráneo.
O Goberno socialista de Felipe González impulsaba en toda España unha durísima política de reconversión industrial no marco dunha profunda crise económica. Ás protestas da siderurxia sumaranse axiña as dos traballadores do naval. Había que evitar a «morte» das súas cidades.

ENSAIO PIONEIRO E PREMIADO

Un novo ensaio analiza a fondo, por vez primeira, aqueles días, baixo o título A siderurxia e o naval, en loita (Alvarellos Editora). A autora é a historiadora da Universidade de Santiago Jessica Nogueira Castro. O seu traballo recibiu, o pasado mes de maio en Vigo, o Premio de Ensaio da Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo, con sede en Vigo, dotado con 10.000 € e a publicación do libro.

NP_GAL_A_SIDERURXIA_E_O_NAVAL_EN_LOITA

 

 

Compartir

Autoría

Jessica Nogueira Castro (Costanza-Maside, 1995) é graduada en Historia pola Universidade de Santiago (2017) e Mestrado Interuniversitario en Historia Contemporánea (USC, 2018). Na actualidade é investigadora na mesma Universidade. As súas liñas de traballo xiran arredor da mobilización social, a acción colectiva e as prácticas represivas dende a segunda metade do franquismo ata a década de 1990.
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).