• 0 Items - 0,00 €
    • Non hai produtos no carriño.
Novo

16,90 €

Cunetas [2ª ed. Inclúe os manuscritos]

Luís Pimentel

88 pp. 14 x 21 cms
ISBN 979-13-88293-03-0
[ISBN 1º edición: 978-84-18567-97-1]
Papel FSC. Amigo dos Bosques

A localización, no verán de 2026, dos manuscritos orixinais da serie de poemas «Cunetas» de Luís Pimentel, escritos en 1947, posibilitou esta segunda edición, que agora presentamos, publicada seis meses despois da primeira. Nela, puidemos restaurar fielmente os desgarradores versos do poeta lugués a partir das súas copias orixinais.

NP_GAL_Cunetas_SEGUNDA EDI-outono-2026

 

A serie de poemas «Cunetas», escrita en castelán e datada por Luís Pimentel en 1947, denuncia a represión fascista na guerra civil, polo que permaneceu inédita durante toda a ditadura. Só se publicaría de maneira independente en Madrid en 1981, nunha plaquette de 215 exemplares.

REPRODUCIÓN COMPLETA DOS MANUSCRITOS LOCALIZADOS

Agora (outono de 2026), Alvarellos Editora lanza unha segunda edición (despois da primeira de abril) trala localización dos manuscritos orixinais e a restauración dos poemas a partir deles. Inclúese aquí a reprodución facsimilar completa dos catro poemas desta serie, grazas ao material reunido na Tese de doutoramente que en 1976 presentou a filóloga Araceli Herrero Figueroa.

Estamos diante duns versos de anguria e dor, do berro desesperado dun dos máis extraordinarios poetas que deu Galicia.
Colaboran nesta edición o filólogo Claudio Rodríguez Fer ‒que repasa a traxectoria poética de Pimentel e o significado destes versos‒, e Xurxo Martínez González, que asina o Epílogo.

Rodríguez Fer define o verso de Pimentel como «exquisito e sensible», e a súa poética como «existencial, íntima, solidaria, política…». No Epílogo, Xurxo Martínez González afirma: «Eu, ao ler os poemas de Cunetas fago meu todo o sangue verquido pola liberdade do noso pobo e pola fraternidade de todos os esquecidos».

 

Compartir

Autoría

Luís Pimentel (Lugo, 1895-1958) foi un poeta extraordinario. O seu verso é urbano, vangardista, sobrio, sensible coa xente desamparada e vulnerable, devoto de Rosalía de Castro... Unha poesía que recibiu a influencia do modernismo hispánico, o simbolismo francés ou o grupo español do 27, tal e como nos explica, nas páxinas introdutorias, Claudio Rodríguez Fer. En vida só publicou un pequeno volume, Triscos (1950); postumamente aparecerían Sombra do aire na herba (1959) e Barco sin luces (1960), con prólogo de Dámaso Alonso. Exerceu a Medicina sen moita vocación, presente sempre nel a súa alta sensibilidade, e dos seus días no Hospital Provincial de Lugo xorde a excepcional serie poética «Diario de un médico de guardia». A súa obra dispersa e inédita sería reunida en 1981 por Araceli Herrero Figueroa. Nela aparecerá, por vez primeira, a serie titulada «Cunetas».
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).