• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

18,00 

Santiago, ciudad de encuentros y presencias

Catorce historiadores da arte reflexionan sobre o patrimonio histórico de Compostela

Formato: 406 pp. 15,5×23,5 cm.
ISBN: 978-84-89323-82-7

 

Este volume recolle as últimas investigacións sobre arte, patrimonio e historia da capital de Galicia do grupo “Iacobus” da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Está coordinado por Enrique Fernández Castiñeiras e Juan Manuel Monterroso Montero. A capital de Galicia é un universo de arte, patrimonio e historia.

 

Este volume recolle os traballos de catorce recoñecidos historiadores da arte, integrantes do dinámico grupo de investigación “Iacobus” da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Son textos que penetran en aspectos inéditos do panorama artístico e monumental desta cidade. Penetran na escultura ou na arquitectura dos grandes monumentos de Santiago como a Catedral ou o Hostal dos Reis Católicos, viaxan polas artes plásticas da man de Dionisio Fierros ou Luís Seoane, evocan as orixes de Compostela, a tradición xacobea, o culto a san Pedro e san Paulo ou as conexións de Santiago coa América hispana, entre outros temas. Novas liñas de investigación para afondar no coñecemento dunha Compostela que foi definida como “mar de pedra” e “dinamizadora de Occidente”.

b415c485f761
Compartir