• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Xavier Navaza

Xavier Navaza (Lalín-Pontevedra, 1948, Santiago, 2024) é un xornalista de raza, cronista e reporteiro, con máis de trinta anos de profesión. Iniciou a súa carreira en Barcelona a comezos dos 70 no desaparecido diario Tele/exprés. Logo, na Transición, realizou reportaxes para algunhas das revistas máis influíntes do momento como Interviú, Actual, La Calle ou a galega Teima, entre outras. Regresou á súa Galicia natal e desde aquela exerceu o oficio como guionista e documentalista de televisión, cronista político e columnista de prensa. É autor dos libros Disparos (1991), Sumud. Conversa con Palestina (2003) e os dous primeiros volumes de El laberinto gallego, a súa triloxía sobre a transición política en Galicia: La guillotina del centro (2005) e La conjuera de Raxoi (2007). En El último amante de Marilyn, o agudo cronista, o experto documentalista e o mitómano danse a man para crear unha obra orixinal, atractiva e chea de sorpresas.

Libros do Autor

El último amante de Marilyn

19,60 
A historia aínda non fora contada por completo. Ata agora. Sucedeu en México. Hai medio século…

Formato: 264 pp. 14×21 cm.
ISBN: 978-84-89323-78-0

 

O xornalista Xavier Navaza (Lalín, 1948-Santiago, 2024) reconstrúe os últimos meses de vida da actriz Marilyn Monroe e a súa relación co produtor de cine de orixe galega, José Bolaños. Coma se se tratase dunha daquelas impactantes reportaxes que Navaza elaboraba para as revistas Interviú ou La Calle nos anos 70 e 80, El último amante de Marilyn ten todos os ingredientes dunha potente crónica xornalística, mais tamén os atractivos dunha grande novela.

 

E vai máis alá de Marilyn. Fuxe do mito e regresa constantemente a el, nunha trama de historias entrelazadas. Aparecen Luis Buñuel, Richard Nixon, Al Capone, Jean Leon, o Che Guevara, Fidel Castro… Ao seu carón, seres anónimos —emigrantes e exiliados galegos e españois— engaiolados polos neóns daquel gran “soño” americano.

 

El último amante de Marilyn inclúe fotografías moi poco coñecidas de Marilyn Monroe con José Bolaños ou cos irmáns Kennedy, e tamén imaxes de Luis Buñuel, Richard Nixon, Jean Leon, Fidel Castro, o Che Guevara, Carlos Velo ou Juan Rulfo.