• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
NovoNovo

16,90 

Nakba [51º Premio de Poesía de Vilalba]

Patricia Torrado

180 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-91-9.
PAPEL FSC. Amigo dos Bosques

NP_GAL_Nakba_Alvarellos_Ed_2026

 

Nakba («Catástrofe», en árabe) é o título do novo libro da poeta Patricia Torrado Queiruga, os versos cos que gañou en 2025 o Premio de Poesía de Vilalba e que publica Alvarellos Editora en febreiro de 2026. Nunha edición ilustrada pola artista gazatí Reem M Al-Arqan e que inclúe a tradución dos poemas, dende o galego orixinal, tamén en castelán, inglés (a cargo da propia autora) e ao árabe (neste caso, na versión de Omneia Sadek El-Shahat).

Nakba é un poemario de denuncia, un berro indignado contra o xenocidio dun pobo, o palestino, e a destrución de Gaza a mans do goberno de Israel. A autora pregúntase: «Pode un poema describir a barbarie?» «Canto tardará en marchar do noso vocabulario o léxico da dor?». Son en total 24 poemas distribuídos en catro apartados: «Raizame» «Escombros» «Resistir coa palabra» e «Réquiem».

Nasser Rabah, un dos poetas máis relevantes poetas palestinos actuais, asina o Limiar, baixo o título: «Esta obra é un conxunto de voces que explican ao mundo que fomos e que nos ocorreu (…) os nosos soños, o son do noso pranto e os nosos gritos», afirma.

Tanto a ilustradora Reem como Nasser Rabad levan vivindo na Franxa de Gaza todo o conflito.

 

Compartir

Autoría

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).