• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
NovoNovo

21,50 

Memoria do vivido

Xosé Ramón Fandiño

268 pp. 13 x 23
ISBN 978-84-18567-96-4
Papel FSC. Amigo dos Bosques

Memoria do vivido (Alvarellos Editora) reúne 17 textos nos que Xosé Ramón Fandiño deixa testemuño dunha vida consagrada á nosa cultura. Reúnense evocacións, entrevistas e artigos dispersos que, no seu conxunto, constitúen un verdadeiro foro de reflexión sobre a historia recente do noso país.
Fandiño é filólogo, editor, tradutor e polígrafo comprometido. Polo seu labor profesional, puido protagonizar, no último medio século, momentos decisivos do noso devir cultural, como foi a dirección da Gran Enciclopedia Gallega, os seus anos fundamentais de traballo en Sargadelos ao lado de Isaac Díaz Pardo, ou a súa intensa dedicación á Fundación Pedrón de Ouro… E tratar con artistas e creadores como Xulio Maside, Ramiro Fonte, Aurichu Pereira, Carlos García Martínez ou Antonio Fraguas.

Un apartado especial merecen as extensas entrevistas, conversas profundas, que o autor mantivo co artista e empresario Isaac Díaz Pardo, coa poeta Luz Pozo Garza, co historiador Xosé Ramón Barreiro ou co arquitecto Andrés Fernández-Albalat. No xogo de preguntas e respostas parece que os estamos a escoitar de novo a todos eles, que reviven para nós.

Estes pequenos ensaios narrativos reconstrúen un mapa emocional e intelectual da Galicia contemporánea.
A capa reproduce unha das obras máis recoñecidas de Isaac Díaz Pardo: Xentes que ollan (1963).

Compartir

Autoría

"Xosé Ramón Fandiño (Santiago de Compostela, 1946) é filólogo e editor. Foi director da Gran Enciclopedia Gallega. Autor de abundante obra como ensaísta e colaborador de diversos medios de comunicación, especialmente da Radio Galega, onde o seu programa «Galicia Universitaria» foi distinguido en 1995 co Premio V Centenario. Participou en varios proxectos do Consello da Cultura Galega, da Universidade de Santiago e da Xunta de Galicia, entre os que destaca o comisariado da exposición itinerante dedicada a Castelao no 2011 con motivo do 125 aniversario do seu nacemento e da exposición Ao pé do prelo. Luís Seoane, editor y artista gráfico (2010). Durante dez anos foi colaborador de Isaac Díaz Pardo no Instituto Galego de Información. Sobre a figura de este intelectual comisariou a exposición Con Galiza sempre no horizonte. Camilo Díaz Baliño e Isaac Díaz Pardo en Compostela (2018). Así mesmo, é autor do libro Isaac Díaz Pardo. Memoria do compromiso (2020)."
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).