Memoria do vivido
21,50 €Xosé Ramón Fandiño
268 pp. 13 x 23
ISBN 978-84-18567-96-4
Papel FSC. Amigo dos Bosques
Memoria do vivido (Alvarellos Editora) reúne 17 textos nos que Xosé Ramón Fandiño deixa testemuño dunha vida consagrada á nosa cultura. Reúnense evocacións, entrevistas e artigos dispersos que, no seu conxunto, constitúen un verdadeiro foro de reflexión sobre a historia recente do noso país.
Fandiño é filólogo, editor, tradutor e polígrafo comprometido. Polo seu labor profesional, puido protagonizar, no último medio século, momentos decisivos do noso devir cultural, como foi a dirección da Gran Enciclopedia Gallega, os seus anos fundamentais de traballo en Sargadelos ao lado de Isaac Díaz Pardo, ou a súa intensa dedicación á Fundación Pedrón de Ouro… E tratar con artistas e creadores como Xulio Maside, Ramiro Fonte, Aurichu Pereira, Carlos García Martínez ou Antonio Fraguas.
Un apartado especial merecen as extensas entrevistas, conversas profundas, que o autor mantivo co artista e empresario Isaac Díaz Pardo, coa poeta Luz Pozo Garza, co historiador Xosé Ramón Barreiro ou co arquitecto Andrés Fernández-Albalat. No xogo de preguntas e respostas parece que os estamos a escoitar de novo a todos eles, que reviven para nós.
Estes pequenos ensaios narrativos reconstrúen un mapa emocional e intelectual da Galicia contemporánea.
A capa reproduce unha das obras máis recoñecidas de Isaac Díaz Pardo: Xentes que ollan (1963).