• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

14,50 

Manifesto 25N

Trinta voces pola eliminación da violencia contra a muller

 

ISBN 978-84-18567-03-2
Páxinas: 74. Formato 14 x 21 cms.

 

O Manifesto 25N reúne as voces de trinta autoras e autores galegos que reflexionan, dende a escrita ou as artes plásticas, sobre a violencia contra a muller. A idea xurdiu a partir dunha iniciativa, en novembro de 2020, da Asociación Cultural Caldaloba (Cospeito, Lugo) cando ocupaba a presidencia Martiño Maseda (hoxe responsable de Culturalia GZ), asociación que actualmente preside Montserrat González.

 

Na nota editorial explícase: “Trátase de avivar as conciencias, desde diferentes ópticas expresivas, nunha repulsa colectiva contra un mal da nosa sociedade que parece non ter fin.”

 

Con este obxectivo, dende a Asociación Cultural Caldaloba fíxose unha convocatoria aberta para recibir traballos e foron máis de setenta os achegados, dos que se fixo unha selección destes trinta que agora ven a luz.

 

A achega de obras é moi variada, tanto no seu formato —poemas, narracións, colaxes, ilustracións, pinturas, caligramas, debuxos— como diversa é tamén no seu enfoque temático.

 

O deseño e ilustración da capa corre a cargo da artista Xulia Nieto Pereira.

 

A edición desta obra contou coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, do Concello de Vilalba e de Culturalia GZ.

 

As 30 voces (por orde alfabética):

  • Luz Airado Bello
  • Pilar Alonso Suárez
  • Susana Antón Mandayo
  • Cristina Corral Soilán
  • Eva de Miranda
  • Paloma de Toro
  • Eilún del Pazo Moa
  • Miguel Díaz
  • Fátima Domínguez Silva
  • Andrea Fernández Maneiro
  • Celso Fernández Sanmartín
  • Raquel Fernández
  • Adela Figueroa
  • Pilar García Rego
  • Yolanda López
  • Paula Luís González
  • Beatriz Maceda Abeleira
  • Pilar Maseda
  • Adolfina Mesa
  • Alberte Momán Naval
  • Arantxa Nogueira
  • Toño Núñez
  • Emma Pedreira
  • Eli Ríos
  • Teresa Ríos
  • Viki Rivadulla
  • Ramón Sánchez
  • Ruth Santiso Salgado
  • Raquel Senra
  • Patricia Torrado Queiruga
Compartir

Autoría

As 30 voces (por orde alfabética): Luz Airado Bello, Pilar Alonso Suárez, Susana Antón Mandayo, Cristina Corral Soilán, Eva de Miranda, Paloma de Toro, Eilún del Pazo Moa, Miguel Díaz, Fátima Domínguez Silva, Andrea Fernández Maneiro, Celso Fernández Sanmartín, Raquel Fernández, Adela Figueroa, Pilar García Rego, Yolanda López, Paula Luís González, Beatriz Maceda Abeleira, Pilar Maseda, Adolfina Mesa, Alberte Momán Naval, Arantxa Nogueira, Toño Núñez, Emma Pedreira, Eli Ríos, Teresa Ríos, Viki Rivadulla, Ramón Sánchez, Ruth Santiso Salgado, Raquel Senra, Patricia Torrado Queiruga.