• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
NovoNovo

14,90 

As pequenas virtudes

Natalia Ginzburg

81 pp. 12 x 19 cms
ISBN 978-84-18567-94-0
Papel FSC. Amigo dos Bosques

 

As pequenas virtudes reúne dous breves ensaios dunha das mellores escritoras europeas de posguerra, a italiana Natalia Ginzburg (Palermo, 1916-Roma, 1991). Dous textros que consideramos imprescindibles, por orixinais e honestos, sobre a educación e as relacións humanas.

Situados a medio camiño entre o ensaio e a autobiografía, seleccionamos dúas creacións, das once en total que integraron orixinalmente o volume Le piccole virtù (Turín, 1962): a que dá título a este libro, «As pequenas virtudes», escrito en Londres na primavera de 1960, e, previamente, o titulado «As relacións humanas», escrita en Roma en 1953.

Contamos, para o noso proxecto, cunha tradutora de excepción, a Premio Nacional de Tradución María Alonso Seisdedos, quen xa trouxera ao galego a inesquecible Léxico familiar (Laiovento, 2022), o grande éxito de vendas de Ginzburg, que vería a luz precisamente moi pouco despois destas «pequenas virtudes».

Con estes dous relatos Natalia « fala» por segunda vez na nosa lingua. Oxalá veñan máis traducións.

«As relacións humanas» e «As pequenas virtudes» tiveron o poder de cambiar o noso xeito de mirar. Desexamos que, cada un e cada unha de vós, lectoras e lectores, sintades esa mesma emoción transformadora, a das palabras escritas con honestidade e liberdade.

Compartir

Autoría

"NATALIA GINZBURG (Palermo, 1916-Roma, 1991) é unha das voces máis singulares e relevantes da literatura italiana e europea de posguerra. Comprometida, humilde e sensible. Posuidora dunha ollada aguda, radical e única. Ela é quen de observar profundamente baixo os ollos das persoas e describir o resultado de maneira aparentemente sinxela, despoxada e auténtica. Ginzburg fala do íntimo, do universo familiar. Fala do humano, en definitiva. Cando o seu amigo Italo Calvino recibiu en 1962 As pequenas virtudes, exclamou: «O teu mellor libro!»."
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).