• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

13,00 

As feridas dun amor efémero

Sue Camaño

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN: 978-84-18567-38-4
Impreso en Papel Amigo dos Bosques

Unha nova voz poética que se alzou en 2022 co Premio de Poesía do Concello de Vilalba

 

NP_G_As-Feridas-Vilalba_Alvarellos-Ed-2023

 

As feridas dun amor efémero é o título do primeiro libro de Sue Camaño, unha nova voz poética que se alzou en 2022 co Premio de Poesía do Concello de Vilalba e que agora publicamos na nosa colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora.

 

A obra, ilustrada por Diego Estebo, competiu con outras cen presentadas a este Premio, que en 2022 alcanzou a súa edición nº 48.

 

En palabras da propia autora, a súa ópera prima «aspira a ser, por unha banda, unha homenaxe aos clásicos da poesía e da literatura universal que marcaron a miña vida: dende as cantigas de amigo a Garcilaso, Rosalía, Lorca ou Emily Dickinson. Con eles como inspiración, quixen reelaborar eses grandes temas que levan protagonizando a creación escrita dende as súas orixes: a morte, o desamor ou a angustia existencial».

 

 

Compartir

Autoría

Sue Camaño é de Cangas (1981) e reside en Santiago de Compostela. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago, traballou como profesora de Lingua e Literatura en diversos centros de ensino secundario e de bacharelato de Santiago. Tamén comisionou exposicións sobre Miguel de Cervantes ou Rubén Darío en colaboración coa Universidade compostelá e traballou en distintas iniciativas para conmemorar a publicación dos nosos clásicos. En 2023 dirixe un curso de Escrita Creativa para adultos e compaxina o labor docente coa escrita de textos poéticos. As feridas dun amor efémero, co que conseguiu o Premio de Poesía do Concello de Vilalba en 2022, é o seu primeiro libro publicado.