• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

O prezo orixinal era: 11,00 €.O prezo actual é: 5,90 €.

ANTÍFONA DA REDENCIÓN

Páxinas: 48
Lingua: galego
Medidas: 12 x 20 cm.
Encadernación: rústica
Ano 1ª edición: 1977
ISBN: 84–85311-07-8

 

Trinta poemas do autor lugués Xavier Rodríguez Barrio (1954). A obra divídese en tres apartados: “Antífona de tempo e terra”, “Antífona do amor” e “Antifona da redención”, e comeza con estes versos: “(Eu falo coma cuspo! / eis que o único que teño sexan verbas, / e as verbas non se pudren: / caladamente acusan)”.

904c7e37b63b
Compartir

Autoría

Xavier Rodríguez Barrio publicou a súa primeira obra con 17 anos, Pranto irmán, á que seguiron Antífona da redención (Premio Galicia, 1978), Os laberintos da xerfa (Premio Celso Emilio Ferreiro, 1984), Os aposentos silenciados (Premio Esquío, 1986), Celebración do gozo (finalista do Premio Nacional de Literatura e Premio Esquío en 1988), Alba no muro (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, 1990) e Antiga claridade (Premio Martín Codax), entre outras. Tamén publicou narrativa e ensaio. Ademais, posúe a Medalla de Ouro do Patronato 'Rosalía de Castro' (1975) e obtivo o Premio Nacional de la Crítica Española 1993.

(Imaxe do autor: Eduardo Castro Bal-AELG).