• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Enrique Alvarellos Iglesias

Enrique Alvarellos Iglesias (A Coruña, 1931 - Lugo, 2004). Músico, editor, escritor e profesor de linguas clásicas.

Libros do Autor

70 AÑOS EN CLAVE DE FA

O prezo orixinal era: 15,00 €.O prezo actual é: 5,90 €.
AS MEMORIAS MUSICAIS DUN POLIFACÉTICO

Páxinas: 616
Lingua: castelán
Colección: Clave de Fa
Ano 1ª edición: 2001
ISBN: 978-84-89323-24-7

 

Enrique Alvarellos Iglesias, fundador desta editorial, narrou neste libro as súas memorias, dende as súas primeiras lembranzas nos anos da Guerra Civil vividos nunha aldea do municipio de Lalín ata o ano 2001, tralo regreso dunha xira musical por Italia como director de coros. Alvarellos foi profesor de linguas clásicas, editor, impresor e, por riba de todas as súas facetas, músico e musicólogo. Estas memorias están presididas por ese amor á música, que vertebrou toda a súa vida. E nelas vanse alternando desde descricións da Galicia rural dos anos trinta e corenta ata as fundacións das súas empresas (Academia Alvarellos, Alvarellos Editora, Reprografía Alvarellos) e o contexto persoal e sociocultural no que todos estes feitos viron a luz. Entre a narración da historia persoal de Alvarellos Iglesias vanse intercalando datos e anécdotas da actualidade de Galicia, de España e do mundo que chamaron especialmente a atención do autor. Fotografías e documentos de época completan esta persoal exposición dunha parte da historia recente de Galicia.

 

Páxinas: 616
Lingua: castelán
Colección: Clave de Fa
Ano 1ª edición: 2001
ISBN: 978-84-89323-24-7

Botei corenta anos

O prezo orixinal era: 11,00 €.O prezo actual é: 5,90 €.
Novela curta autobiográfica

Páxinas: 92
Lingua: galego
Medidas: 12 x 20 cm.
Encadernación: rústica
Conservación: perfecta
Ano 1ª edición: 1977
Ano 2ª edición: 1978
ISBN: 84–400-3164-5

 

Trátase do primeiro libro que saíu de Alvarellos Editora, no verán de 1977. Os exemplares que ofrecemos aquí pertencen á segunda edición, publicada ao ano seguinte, en 1978. Esta obra foi moi popular no seu tempo por estar impresa, ao igual que moitos outros títulos desta empresa daqueles anos, en “papel de estraza”, ese papel “da cor do pan centeo, que era o único que comiamos na posguerra”, como adoitaba explicar o seu autor e editor, Enrique Alvarellos Iglesias.

 

Ricardo Carballo Calero, na reseña que lle dedicou a este volume no número 59 de Grial (xaneiro 1978), califica Botei corenta anos como “unha novela popular” e afirma que “no estado actual das letras galegas fainos moitísima falla a novela popular. Esta escribiuse por unha persoa perfectamente coñecedora do mundo que descrebe, e capaz de transmitirnos con eficacia ese coñecemento. O autor ten cousas que contarnos e sabe contalas (…) Hai algo de novela picaresca nestes relatos da vida infantil e xuvenil que supón un sopro de frescura natural no ambiente dabondo enrarecido dos relatos galegos que pretenden emular a Kafka, Musil, Faulkner, Joyce, Beckett, Borges ou Cortázar”.