Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España
Autores: 26 coautores
Páxinas: 224
Ilustracións: 190 fotografías
Medidas: 23×22 cm.
Idioma: castelán e inglés
Inclúe: DVD interactivo
Encadernación: cosido, capa branda plastificada, con lapelas
Impresión: papel ecolóxico FSC
Data de aparición: decembro, 2010
ISBN: 978-84-89323-63-6
AS CIDADES PATRIMONIO NUNHA VISIÓN INÉDITA A TRAVÉS DA SÚA NATUREZA
O Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España (a través da súa Comisión de Medio Ambiente) e Alvarellos Editora publicamos esta obra titulada Patrimonio natural. Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España, un volume de prestixio no que se traza —ao longo de 224 páxinas, con preto de 200 fotografías e coa participación de 26 recoñecidos escritores e fotógrafos— un percorrido inédito, literario e visual, polas trece cidades Patrimonio españolas: Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de La Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona e Toledo. O libro, do que se realizou unha primeira edición de 11.000 exemplares para distribuír por toda España, está editado en castelán coa versión dos textos en inglés. Inclúe, ademais, un DVD interactivo mediante o que se pode acceder e gozar, dunha forma atractiva e multimedia, de todos os contidos da obra, e ampliar a información.
A PAISAXE OCULTA
A obra ten como obxectivo descubrir esa “paisaxe oculta” de cada unha das trece cidades Patrimonio: o seu contorno natural. Máis alá dos monumentos e da arte, detense na flora e na fauna, nos parques, nos xardíns, nas hortas, nos patios, nos ríos ou no litoral. Destinado tanto aos propios veciños como ao turista ou viaxeiro máis inquedo e sensible, este volume trata de potenciar esa riqueza natural tan pouco coñecida —e, moitas veces, valorada— dos nosos respectivos espazos urbáns. Coordinado polo editor e xornalista Henrique Alvarellos, o volume está estructurado en trece capítulos, un por cidade. Cada un deles ten a personalidade do seu escritor e fotógrafo respectivos, todos eles bos coñecedores dos lugares que narran. Entre os primeiros, atopamos poetas, científicos, novelistas, xornalistas, aventureiros… Dos fotógrafos, topámonos con artistas e reporteiros que enfocaron esa outra visión dende novas perspectivas.