MATEMÁTICAS UNIVERSITARIAS – I
5,90 €AS MATEMÁTICAS HUMANIZADAS
Páxinas: 291
Lingua: castelán
Colección: Didáctica
Ano 1ª edición: 1991
ISBN: 84–85311–91-4
A autora recolle neste volume máis de quince anos de experiencia docente acadada ao longo dunha activa práctica tanto na ensinanza privada como na pública. Matemáticas Universitarias – I é unha obra tremendamente útil para calquera estudante de primeiro curso de facultade e tamén para os amantes das matemáticas, pois contén varios apéndices con exercicios lóxicos, xogos matemáticos, táboas, gráficas, etc. Cada un dos temas tratados leva incluída unha introdución teórica, seguida dun gran compendio de exercicios coas súas correspondentes solucións. É este un libro ameno que aporta, como peculiar engadido, as biografías e feitos máis destacables de “Nueve ilustres matemáticos gallegos”, dende Juan Díez a García-Rodeja.