• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

17,00 

A garza en chamas

VV. AA.

242 pp . 14 x 21 cms.
ISBN: 978-84-18567-21-6

Certame de Narracións Breves Manuel Murguía – Concello de Arteixo

 

A garza en chamas reúne os relatos premiados no Certame de Narracións Breves Manuel Murguía do Concello de Arteixo entre os anos 2019 e 2021. Son, en total, nove creacións literarias.

 

Aquí atoparemos relatos fantásticos, contos de viaxes, historias de misterio, diarios íntimos… Mundos reais ou imaxinados poboados por personaxes dominados polas incertezas da existencia. As relacións paterno filiais, a rebeldía fronte ao sometemento, a soidade dun rural abandonado, os segredos de familia, as dificultades do amor, os días escuros do confinamento ou os traumas da emigración compoñen, entre outras, esta mostra coral e sedutora de historias que nos farán gozar e reflexionar a un tempo.

 

A garza, ese animal totémico que se erixiu en símbolo deste Certame, atrapou estas nove historias luminosas ao longo das súas últimas viaxes.

 

Nota de Prensa de A GARZA EN CHAMAS

 

Compartir

AUTORÍA

«A casa das Castrouteiro»,
DANIEL BARRAL, 1° Premio 2019

«A idade do escarnio»,
TITO PÉREZ PÉREZ, 2° Premio 2019

«Crónica de ningures»,
FRANCISCO ROZADOS RIVAS, 3° Premio 2019

«Silencios náufragos»,
PATRICIA TORRADO QUEIRUGA, 1° Premio 2020

«O último día do outono»,
ESTEBAN BREA CASTRO, 2° Premio 2020

«A herdeira»,
ÁLEX MENE, 3° Premio 2020

«Xanelas»,
ARANTZA PORTABALES, 1° Premio 2021

«A caverna de Lara»,
GABRIEL GÓMEZ ESTÉVEZ, 2° Premio 2021

«As orfas daquel verán»,
CECILIA F. SANTOMÉ, 3° Premio 2021