NP_GAL_El_Camino_de_Santiago_Álvaro_Cunqueiro_2024
NP_CAST_El_Camino_de_Santiago_Álvaro_Cunqueiro_2024
DOSIER DE PRENSA
(Xuño 2024)
18,50 €
140 pp . 14 x 21 cms
ISBN 978-84-18567-58-2
Capa dura. Con marcapáxinas en tea
Papel FSC Amigo dos Bosques
Alvarellos Editora rescata un libro esquecido do gran Álvaro Cunqueiro: El Camino de Santiago. Publicado en 1965 e nunca reeditado ata agora. Un coidado volume no que colaboran o fillo do autor, César Cunqueiro, e a especialista María Xesús Nogueira.
Descubrir un “novo” libro de Álvaro Cunqueiro é un pracer para os sentidos. E se ademais é unha guía do Camiño de Santiago, tan especial, tan persoal, tan chea de “sombras apaixonantes” e “nomes xigantes”, como este, o resultado é unha completa experiencia lectora… e viaxeira.
Álvaro Cunqueiro considerábase o último peregrino medieval. “A viaxe é para min unha experiencia poética”, afirmaba. Peregrinación e poesía. Estamos ante un texto breve pero cun caudal narrativo desbordante, onde cada parágrafo se recrea nun acontecemento, sexa real ou imaxinario, ou nunha combinación de ambos.
Chamámoslle “o libro esquecido”, porque así se mantivo durante todos estes anos. Desde que en 1965 se publicara por primeira e -ata agora- única vez.
Presentamos unha coidada edición comentada, dentro da nosa galardoada Colección Resccate. Inclúe un prólogo do escritor e fillo do autor, César Cunqueiro, e un estudo da especialista María Xesús Nogueira.
Viaxemos coa prosa singular de Cunqueiro por este antigo Camiño de Santiago co que tanto se identificaría o autor.
DOSIER DE PRENSA
(Xuño 2024)
ISBN: 978–84–89323–65–0
Páxs: 200
Medidas: 13×23 cms
Idioma: castelán
Ilustracións: cuberta de Blas Lourés e fotografías do Fondo Vega.
Encadernación: capa dura
Data 1ª edición: febreiro 2011
Novo volume da Colección Rescate que reúne por vez primeira os escritos en prosa que o célebre autor dedicou á cidade das murallas. Entre os 24 textos recuperados figura un moi descoñecido: o discurso do Bimilenario, de 1975.
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911 – Vigo, 1981) reencóntrase en VIAJE A LUGO. PÁGINAS SOBRE LA CIUDAD cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas, na que viviu anos decisivos. Nela recrea a súa pluma e sentimento. Alvarellos Editora conmemora con este novo volume da Colección Rescate (o número 14) o centenario do nacemento do escritor.
A obra reúne 24 prosas onde o gran narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trobador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole.
A súa pluma transita entre o xornalismo e a literatura, posuída quizás –e sublimada, tamén– polas propias brumas que, dende o río Miño, debuxan esta cidade como un territorio para a fantasía. Abre o volume —cuxo estudo e selección de contidos corre a cargo de María Xesús Nogueira, especialista no autor— un texto moi singular e tamén moi pouco difundido ata hoxe: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de outubro de 1975, onde bautizou Lugo como “la Roma del Finisterre”.
A ilustración da cuberta pertence ao pintor lugués Xesús Blas Lourés. É o seu óleo titulado “A miña muralla”. Trátase, en definitiva, dunha viaxe dende –ou cara a— esta cidade do suroeste europeo, onde a prosa de Cunqueiro vólvese, unha vez máis, universal.
Obra periodística olvidada en Vida Gallega, 1954-1963
Formato: 198 pp. 13×21 cms
ISBN: 84-85311-20-5
1ª edición: abril, 2005
[Capa dura]
Un libro inédito de Álvaro Cunqueiro. Unha das plumas máis brillantes da literatura galega e española aínda ten material disperso que non vira a publicación en libro. É o caso dos 37 artigos que integran Viajes y yantares por Galicia que o célebre escritor lugués de Mondoñedo publicou, entre os anos 1954 e 1963, na revista Vida Gallega e que permanecían esquecidos.
Cunqueiro viaxa por Galicia e fai arte coa cociña, a paisaxe, as xentes e, en definitiva, a fonda personalidade deste país milenario. Trinta e sete capítulos nos que a gastronomía vai presidindo cada páxina, dende a aportación de senlleiras receitas a todo tipo de anécdotas e descricións dos usos e costumes culinarios galegos. Ademais, Viajes y yantares por Galicia é unha guía turística de lugares emblemáticos e de persoeiros históricos e lendarios. Nesta nova obra tamén agroma a crítica literaria, a pictórica e mesmo a interpretación das estrelas.
A presente edición inclúe a reprodución ben manuscrita ou ben mecanografiada dalgúns dos artigos tal e como os entregou Cunqueiro á revista; tamén un limiar do catedrático de Filoloxía Galega Anxo Tarrío Varela (especialista no escritor), un traballo sobre a historia, o contexto e os promotores e algunhas das portadas en cor desta segunda época de Vida Gallega, unha das publicacións periódicas máis populares do seu tempo. Alvarellos Editora principia, con esta obra, a súa colección Rescate, dedicada a recuperar importantes textos da nosa cultura e da literatura universal que permanecen inéditos ou esquecidos.
ISBN: 978–84–89323–65–0
Páxs: 200
Medidas: 13×23 cms
Idioma: castelán
Ilustracións: cuberta de Blas Lourés e fotografías do Fondo Vega.
Encadernación: capa dura
Data 1ª edición: febreiro 2011
Novo volume da Colección Rescate que reúne por vez primeira os escritos en prosa que o célebre autor dedicou á cidade das murallas. Entre os 24 textos recuperados figura un moi descoñecido: o discurso do Bimilenario, de 1975.
Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo-Lugo, 1911 – Vigo, 1981) reencóntrase en VIAJE A LUGO. PÁGINAS SOBRE LA CIUDAD cunha paisaxe vital e emocional: a cidade das Murallas, na que viviu anos decisivos. Nela recrea a súa pluma e sentimento. Alvarellos Editora conmemora con este novo volume da Colección Rescate (o número 14) o centenario do nacemento do escritor.
A obra reúne 24 prosas onde o gran narrador se deixa seducir pola historia bimilenaria desta urbe, percorre os seus espazos máis amenos o evoca personaxes queridos como o trobador Esquío, o poeta Luís Pimentel ou o autor de relatos Ánxel Fole.
A súa pluma transita entre o xornalismo e a literatura, posuída quizás –e sublimada, tamén– polas propias brumas que, dende o río Miño, debuxan esta cidade como un territorio para a fantasía. Abre o volume —cuxo estudo e selección de contidos corre a cargo de María Xesús Nogueira, especialista no autor— un texto moi singular e tamén moi pouco difundido ata hoxe: o discurso de apertura do Bimilenario que Cunqueiro pronunciou o 25 de outubro de 1975, onde bautizou Lugo como “la Roma del Finisterre”.
A ilustración da cuberta pertence ao pintor lugués Xesús Blas Lourés. É o seu óleo titulado “A miña muralla”. Trátase, en definitiva, dunha viaxe dende –ou cara a— esta cidade do suroeste europeo, onde a prosa de Cunqueiro vólvese, unha vez máis, universal.
RECUPERADA A NOVELA HISTÓRICA DE 1848
Nº páxinas: 297
Medidas: 14 x 21 cms
Idioma: castelán (limiar en galego)
Saída desta edición: setembro 2008
ISBN: 978-84–89323–19–3
Encadernación: cartoné.
Edición ao coidado de Xosé Ramón Fandiño
Esta novela parte dun feito histórico: o asasinato, en xuño de 1366, ás portas da Catedral de Santiago, do arcebispo don Suero Gómez de Toledo mailo seu deán Pedro Álvarez. Un suceso que conmocionou á sociedade da época.
O xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera publicou a obra en Madrid en 1848. Os exemplares desa primeira edición foron axiña retirados pola censura, co que o libro pasou a ser un obxecto de culto, inexistente ata hoxe na maior parte das bibliotecas e arquivos.
A publicación que agora presentamos, ao coidado de Xosé Ramón Fandiño é a primeira dende aquela de 1848 (se exceptuamos a tradución ao portugués aparecida en Porto en 1852). A novela posúe o atractivo das mellores tramas de acción. Un asasinato que vai xermolando dende as primeiras páxinas entre traizóns, paixóns amorosas, vinganzas… e a clave deste tráxico acontecemento: as loitas polo poder entre dous medios irmáns, Pedro I e Henrique de Trastámara.
172 pp.
13 x 20 cms.
ISBN 978-84-18567-37-7
Capa dura
Impreso en papel Amigo dos Bosques
NP_GAL_(1)_de_mar_a_mar_alvarellos_ed_2023
Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, De mar a mar é un extraordinario libro de poemas de Feliciano Rolán Vicente (Vigo, 1907 – A Guarda, 1935) que mereceu a gabanza de poetas contemporáneos tan notables como Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca, e, no noso país, de Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane.
No entanto, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, o poemario ficou varado no mar do esquecemento. O presente volume rescata esta magnífica obra e repara o nome do seu creador.
Esta edición bilingüe de Alvarellos Editora, publicada na súa Colección Rescate, incorpora unha versión en lingua galega dos textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira.
O volume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente, e enriquécese con diverso material (imaxes, manuscritos e debuxos) moi descoñecido, cun cadro bio-bibliográfico de Celso R. Fariñas e cos valiosísimos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez-Barbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán.
Os poemas de De mar a mar son «como berros de afogado», en palabras de Lois Tobío. Son versos que nos han fascinar hoxe coa súa enorme sensibilidade e magnetismo.
Poemas, cuentos y ensayos, 1942-1973
Pp: 322. Formato: 14 x 21 cms
Idioma: castelán (con 10 textos en galego)
1ª edición: Maio 2008
ISBN: 978-84–89323–18–6
Encadernación: cartoné.
Ilustracións: este volume inclúe unha galería gráfica en cor con todas as portadas de Vida Gallega, e preto de cincuenta ilustracións máis (manuscritos inéditos incluídos).
O esperado libro que recupera, por vez primeira, a obra dispersa, esquecida ou inédita de Urbano Lugrís. Máis de sesenta textos, cincuenta ilustracións e manuscritos, algúns deles nunca antes publicados. Tiveron que pasar 35 anos desde a súa morte e cen desde o seu nacemento para que a extraordinaria obra escrita do pintor Urbano Lugrís (A Coruña, 1908 – Vigo, 1973) vexa por fin a luz en libro. Este volume culmina unha vella aspiración do artista, desexo confesado publicamente a comezos dos anos 60, pero que por distintas razóns non se materializara… ata hoxe.
Balada de los mares del norte descóbrenos ao poeta barroco, ao narrador de ficción pleno de referencias cultas e tamén a un orixinal ensaísta. Ademais, este libro recolle ilustracións moi pouco coñecidas e manuscritos inéditos. Unha produción que abarca en total máis de tres décadas. Urbano Lugrís escribía como pintaba, e esa fusión tan singular de lenzo e prosa deu como resultado feliz unha voz única, un autor co que as culturas galega e española estaban en débeda.
Este libro recolle máis de 300 páxinas de textos dispersos, moi descoñecidos ou inéditos do autor, ata un total de 62 textos. Medio centenar de ilustracións do Lugrís, algunhas delas tamén inéditas, e a reprodución en cor de todas as cubertas orixinais da revista Vida Gallega (anos 50). A responsable da edición anotada, introdución e apéndice é a profesora da Universidade da Coruña, a doutora en Teoría da Literatura Olivia Rodríguez González, filla de Mariano Tudela, un dos fieis colaboradores de Urbano Lugrís.
Antoloxía de versos e prosas, 1955-1999
ISBN: 978–84–89323–64–3
Páxs: 140
Medidas: 13×23 cms
Ilustracións: Xesús Blas Lourés, Tino Grandío e o propio autor.
Encadernación: capa dura
Data de publicación 1ª edición: novembro, 2010
O volume dedicado a Lugo que o poeta quixo facer en vida, pero que non chegou a ver. Inclúe 51 textos, en verso e prosa, escritos entre 1955 e 1999. Trece deles, inéditos. Con estudo de Pilar García Negro e ilustracións de Blas Lourés.
Ás veces canta o Norde unha pasión de lonxes i as murallas pechando un gran Lugo de nebra pechando abertas (…) Estes versos inéditos de Uxío Novoneyra (1930-1999) abren Gran Lugo de nebra, un volume que reúne, por vez primeira, a obra dispersa, esquecida ou non publicada do autor sobre a cidade de Lugo. Eiquí inda sigue Galicia fortemente reconocible i enteira, di noutro intre.
Trece dos textos son rigorosamente inéditos: catro poemas e oito escritos en prosa. Esta é a obra sobre Lugo que o poeta —a quen este ano 2010 se lle dedican as Letras Galegas— quixo facer en vida, á que se referiu en varias ocasións dende comezos dos anos oitenta, pero que non chegou a ver publicada.
A profesora da Universidade da Coruña María Pilar García Negro leva a cabo un fondo estudo introdutorio sobre a obra de Novoneyra e a súa conexión coa cidade (“En Lugo, na miña ciudá, onde comencei a dormir normalmente”, escribe o poeta en 1960). E o pintor Blas Lourés ilustra, pola súa banda, algunhas das páxinas aquí rescatadas.
GRAN LUGO DE NEBRA abarca cinco décadas de vida e devoción pola cidade amurallada, dende 1955 ata 1999, ano do falecemento do escritor.
Nº páxinas: 197
Medidas: 14×21
ISBN: 84–89323–03–8
Ilustracións: manuscritos inéditos e varias páxinas da revista Vida Gallega, dende 1919 a 1962.
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi un dos grandes piares da literatura e do pensamento galegos do pasado século. Erudito, vangardista, amenísimo, enxeñoso, contraditorio, brillante… Todos estes adxectivos toman corpo nos textos de Últimas páginas sobre Galicia, un volume que redescobre ao mellor Risco nuns escritos que levaban esquecidos medio século e que xamais foran publicados en libro.
Trátase da obra xornalística completa de Vicente Risco para a revista Vida Gallega, uns traballos que se remontan no tempo ao ano 1919 e as cartas coa polémica entre os nacionalistas e os rexionalistas, até os derradeiros escritos do autor, de 1962. Todo un agasallo para o lector, que aquí atopará elegancia e rigor intelectual e, ao mesmo tempo, diversión e sinxeleza. Nestas páxinas fala Risco da paisaxe, do cinema, de libros, de viño, de Portugal, da Semana Santa en Ourense, do Románico, do fenómeno Xacobeo, de pintura, de nacionalismo… e mesmo sincérase nunha “Autobiografía confidencial”.
Este volume (que representa o terceiro tomo da Colección Rescate de Alvarellos Editora) inclúe ademais un documentado estudo sobre a personalidade e a obra de Risco, a cargo do profesor, historiador e escritor Marcos Valcárcel; tamén se inclúe o testemuño dun dos compañeiros de tertulia do escritor nos seus últimos anos, o xornalista e escritor Arturo Lezcano, e varios manuscritos inéditos do autor, ademais de reproducións de varios dos seus traballos para a revista Vida Gallega.
