Autor

Feliciano Rolán

"Feliciano Rolán (Vigo, 1907 - A Guarda 1935). Rolán é un poeta galego en lingua castelá. Estudou bacharelato en Vigo e Dereito en Santiago, onde foi profesor de Dereito Administrativo. Publicou en vida dous libros, Huellas (Edicións Nós, Compostela, 1932), ilustrado por Luís Seoane, e De mar a mar (Imprenta de S. Aguirre, Madrid, 1934). Poucos días despois da súa morte, en xaneiro de 1935, organizaríase unha gran homenaxe en Madrid, á que asistirían, entre outros, Federico García Lorca ou Juan Ramón Jiménez. No Concello de Vigo, unha rúa leva o seu nome; e, na Guarda, un veterano premio de poesía tenta manter vivo o seu ronsel. Pero a súa figura e obra seguen no esquecemento do gran público."

Feliciano Rolán (Vigo, 1907 - A Guarda 1935). Rolán é un poeta galego en lingua castelá. Estudou bacharelato en Vigo e Dereito en Santiago, onde foi profesor de Dereito Administrativo. Publicou en vida dous libros, Huellas (Edicións Nós, Compostela, 1932), ilustrado por Luís Seoane, e De mar a mar (Imprenta de S. Aguirre, Madrid, 1934). Poucos días despois da súa morte, en xaneiro de 1935, organizaríase unha gran homenaxe en Madrid, á que asistirían, entre outros, Federico García Lorca ou Juan Ramón Jiménez. No Concello de Vigo, unha rúa leva o seu nome; e, na Guarda, un veterano premio de poesía tenta manter vivo o seu ronsel. Pero a súa figura e obra seguen no esquecemento do gran público.

Libros do Autor

De mar a mar

21,50 

Edición bilingüe

 

172 pp.
13 x 20 cms.
ISBN 978-84-18567-37-7
Capa dura
Impreso en papel Amigo dos Bosques

 

NP_GAL_(1)_de_mar_a_mar_alvarellos_ed_2023

 

O libro que emocionou a García Lorca, Juan Ramón Jiménez, Cunqueiro ou Seoane, rescatado en edición bilingüe

 

Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, De mar a mar é un extraordinario libro de poemas de Feliciano Rolán Vicente (Vigo, 1907 – A Guarda, 1935) que mereceu a gabanza de poetas contemporáneos tan notables como Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca, e, no noso país, de Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane.

 

No entanto, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, o poemario ficou varado no mar do esquecemento. O presente volume rescata esta magnífica obra e repara o nome do seu creador.

 

Esta edición bilingüe de Alvarellos Editora, publicada na súa Colección Rescate, incorpora unha versión en lingua galega dos textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira.

 

O volume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente, e enriquécese con diverso material (imaxes, manuscritos e debuxos) moi descoñecido, cun cadro bio-bibliográfico de Celso R. Fariñas e cos valiosísimos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos Martínez-Barbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán.

 

Os poemas de De mar a mar son «como berros de afogado», en palabras de Lois Tobío. Son versos que nos han fascinar hoxe coa súa enorme sensibilidade e magnetismo.