• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Vicente Risco

Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi un dos grandes piares da literatura e do pensamento galegos do pasado século. Erudito, vangardista, amenísimo, enxeñoso, contraditorio, brillante… Toda a súa vida e obra, na web da Fundación: http://www.fundacionvicenterisco.com

Libros do Autor

Últimas páginas sobre Galicia

16,00 
Artículos olvidados en Vida Gallega, 1919-1962

 

Nº páxinas: 197
Medidas: 14×21
ISBN: 84–89323–03–8
Ilustracións: manuscritos inéditos e varias páxinas da revista Vida Gallega, dende 1919 a 1962.

 

Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) foi un dos grandes piares da literatura e do pensamento galegos do pasado século. Erudito, vangardista, amenísimo, enxeñoso, contraditorio, brillante… Todos estes adxectivos toman corpo nos textos de Últimas páginas sobre Galicia, un volume que redescobre ao mellor Risco nuns escritos que levaban esquecidos medio século e que xamais foran publicados en libro.

 

Trátase da obra xornalística completa de Vicente Risco para a revista Vida Gallega, uns traballos que se remontan no tempo ao ano 1919 e as cartas coa polémica entre os nacionalistas e os rexionalistas, até os derradeiros escritos do autor, de 1962. Todo un agasallo para o lector, que aquí atopará elegancia e rigor intelectual e, ao mesmo tempo, diversión e sinxeleza. Nestas páxinas fala Risco da paisaxe, do cinema, de libros, de viño, de Portugal, da Semana Santa en Ourense, do Románico, do fenómeno Xacobeo, de pintura, de nacionalismo… e mesmo sincérase nunha “Autobiografía confidencial”.

 

Este volume (que representa o terceiro tomo da Colección Rescate de Alvarellos Editora) inclúe ademais un documentado estudo sobre a personalidade e a obra de Risco, a cargo do profesor, historiador e escritor Marcos Valcárcel; tamén se inclúe o testemuño dun dos compañeiros de tertulia do escritor nos seus últimos anos, o xornalista e escritor Arturo Lezcano, e varios manuscritos inéditos do autor, ademais de reproducións de varios dos seus traballos para a revista Vida Gallega.