Sonata de otoño. Edición facsimilar (1933)
22,50 €Ramón María del Valle-Inclán
Formato: 296 pp. 13 x 18 cms.
ISBN 978-84-18567-92-6.
Impreso en papel Amigo dos bosques.
Cosido con fío vexetal.
Encadernado con sobrecuberta.
Invitamos a lectores e lectoras a desfrutar dun gran clásico, cume da prosa modernista española. A Sonata de otoño é a primeira das catro xeniais novelas que Valle-Inclán (Vilanova de Arousa, 1866 – Santiago de Compostela, 1936) consagrou ao seu inesquecible marqués, aquel «feo, católico y sentimental». Son realmente unhas memorias eróticas dunha personaxe que, desde hai máis dun século, quedou para sempre na historia da nosa literatura.
A Sonata de otoño apareceu por vez primeira en 1902, pero a última edición revisada polo autor sería a publicada na primavera de 1933 e auspiciada pola República. E esta é a que rescatamos para a nosa especial «Biblioteca facsimilar Valle-Inclán».
Coma nos anteriores volumes publicados por nós –La lámpara maravillosa, Flor de santidad e Jardín umbrío–, a reprodución é fiel ao orixinal, pois falamos dunha rigorosa edición facsimilar. O noso propósito é que as persoas lectoras poidan sentir hoxe, directamente, a experiencia de ter nas súas mans exactamente o «mesmo» exemplar que no seu día concibiu Valle-Inclán. Afirmamos «concibiu» e deberiamos dicir incluso editou, xa que, como veremos na introdución do seu biógrafo, estudioso e neto, Joaquín del Valle-Inclán Alsina, Valle foi tamén o editor das súas propias obras.
Gocemos dun relato único, xunto cun deseño e composición de páxina verdadeiramente espectaculares, e viaxemos, con todo este equipaxe, a esa Galicia fría e chuviosa, habitual refuxio creativo do autor. Porque, nun vello pazo galaico, agoniza unha muller…
