20-08-2017 Terra Chá Xa. Presentación en Vilalba
04-08-2017 Versos e aloumiños Blog de Antonio García Teijeiro
9,00 €
O amor, o desamor, a paisaxe, o paso do tempo…
44 pp. | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-23-6
A poesía que todo o nomea: o amor, o desamor, a paisaxe, o tempo… Eixes sobre os que transcorre, fuxe, o noso vivir. Sentimentos recreados en trinta e cinco composicións poéticas, construídas baixo a aparente sinxeleza, musical e perfecta, do soneto. “Soneto do desacougo”, “Soneto dende un Boeing 747”, “Soneto da eterna amizade”, “Soneto da seca”…
María Xosé Lamas mergúllase na utopía e poetiza a vida, o día a día e, tamén, os seus desvelos. Esta obra recibiu o Segundo Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición nº 42.
María Xosé Lamas (Vilalba, 1961). Diplomada en Profesorado de Primaria, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Posgrao en Educación Musical e Primeiro Ciclo do Grao Medio de piano, é na actualidade profesora de Educación Musical. Dende 1979 desenvolveu un intenso labor no ámbito do teatro afeccionado como directora de varias compañías, actriz, tradutora, adaptadora e autora de numerosas pezas teatrais inéditas, mais case todas representadas. O seu primeiro libro de poesía, Catro palabras caladas, foi editado no 2001 e reeditado ao ano seguinte. A este seguirán Datando lembranzas (2004), Ao norte do camiño (2004), Con Fausto, por este río acima (2010) e Cantigas para aprender a soñar (2015). Conta con diversos premios literarios, á parte dos acadados na súa etapa de estudante: Accésit, Primeiro e Segundo premios no Certame Literario do Concello de Vilalba nos anos 2002, 2003 e 2016, respectivamente, e Premio Arume de Poesía Infantil da Asociación Neira Vilas no 2013.
[2º Premio XLI Certame Literario Concello de Vilalba]
46 pp. | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-11-3
O barruzo, esa chuvia pequena e teimuda que semella desaxustar o mundo, e o ruxido como metáfora –e berro– do creador inadaptado, son os dous eixes sobre os que se constrúen estes versos de Paulino Pereiro, Poemas de ruxido e barruzo, unha obra que recibiu en 2015 o 2º premio do Certame Literario do Concello de Vilalba.
“O meu barco non ten océano”, escribe o poeta. O autor atopa abeiro nunha natureza que representa aquí o equilibrio, coma o río, “sangue paralelo do meu sangue”, ou o aire da mañá “que batalla contra o ruxido”. Sobre todos eles xorde tamén o acougo na función da propia escrita.
Trinta e seis poemas en verso libre que flúen musicais e poderosos estruturados coma un diario real, datado en tempo e espazo, escritos durante seis semanas dun verán no norte…
108 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-24-3
Urbano Lugrís era un poeta pintor. E o único pintor do mundo capaz de escribir baixo a auga, en palabras doutro gran escritor e poeta, Manuel Rivas. Alvarellos Editora rescata este verán once textos “somerxidos” de Lugrís. Prosas e poemas –en castelán e galego– moi pouco coñecidos ata hoxe (mesmo algún inédito) que nos internan no seu fascinante universo narrativo e lírico.
Baixo o título El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos agrúpanse textos dispersos que foron aparecendo desde a edición, en 2008, daquela primeira Balada de los mares del norte (Alvarellos Editora), único volume de Lugrís ata a data, pois o artista falecía en 1973 sen ver publicado, en libro, o seu rico e abundante traballo literario, esparexido e esquecido, durante décadas, en xornais e revistas… A profesora de Teoría da Literatura da Universidade da Coruña, Olivia Rodríguez, especialista en Lugrís, encárgase do coidado da edición.
Ademais dos 11 textos, este volume reúne 25 debuxos do autor, tamén moi pouco divulgados; entre eles, as fermosas letras capitulares que creaba o pintor para iniciar os seus escritos.
El tesoro de Punta Herminia y otros textos sumergidos bríndanos a impagable oportunidade de internarnos, de novo, nese mundo de tesouros ocultos, grutas e naufraxios. Escenarios escritos e pintados a un tempo pola pluma e o lenzo inigualables de Urbano Lugrís.
[1º Premio XLI Certame de Poesía Concello de Vilalba]
76 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-10-6
«Unha alta sinfonía do amor onde todo é tocado polo milagre dunha luz que emana da palabra poética». De tal xeito define a profesora Teresa Seara, no Limiar de Adagio por outono, a paixón lírica que destilan estes novos versos de Modesto Fraga, escritor de longa e premiada traxectoria literaria que suma, aos moitos recoñecementos recibidos, este primeiro premio de 2015 no XLI Certame Literario do Concello de Vilalba.
Adagio por outono é unha homenaxe a aqueles poetas italianos que, no século XIII, foron quen de rachar coa tradición e situar á muller no centro da súa lírica e ao sentimento amoroso na cerna da súa revolución estética e da súa esperanza. Foron coñecidos como o Dolce Stil Novo.
Modesto Fraga escolle da tradición a arquitectura plena do soneto e dende ela transita ata o verso libre. Camiñamos, coa súa palabra, a través de Florencia, contemplamos a dozura dos lenzos de Rafael, abraiámonos ante o Pórtico da Gloria en Compostela, ou asistimos a un banquete poético onde se dan cita escollidas voces da literatura e da arte universais de todos os tempos.
Cada lector, cada lectora, atopará aquí poderosas razóns para vivir máis vidas e máis fondas a través da poesía e do amor.
Unha experiencia íntima coa paisaxe de Galicia. Nunha viaxe moi persoal para 23 espazos.
Páxinas: 113
Medidas: 14×21 cm
Idioma: galego
ISBN: 978-84-89323-66-7
Encadernación: rústica
Data de publicación: maio 2011
Este libro recolle unha viaxe moi persoal a través de Galicia. En máis de 23 etapas, o autor expresa a súa experiencia íntima, directa e profunda coa paisaxe: os bosques do Eume, Finisterre, Montefur, Pambre, Cortegada, San Simón, o refacho de Ourense e o Pico Sacro son algunhas das estancias. Vizosos os bosques, o pobo dos emigrantes, a parte superior da néboa, a maxia Regueiro… Todos eles se internan na poesía en prosa de Xosé Manuel Lobato. Lugares místicos, ás veces caóticos, nos estados contiguos entre a realidade e a ficción. “Magia Natural telar tal vez se reúnen una utopía”, di o autor na introdución; talvez o paraíso ideal, ou unha realidade descoñecida para a maioría. O libro pretende voar sobre o patrimonio de Galicia, refractada, e tamén sobre a verdade -o idealismo- nun puñado de textos que abrollan espontaneamente a partir dunha perspectiva de fortes contrastes.
1º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013
Formato: 73 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-60-5
A noite é gran inspiradora de poetas. Nesta nova obra de Pablo Bouza, Os privilexios dos somnámbulos, o autor atopa ese “aire viciado” onde despregar “a inmensa dimensión das palabras”. “Noite / dáme algo de ti / da túa luz negada”.
A poesía só pode ser honestidade, verdade. Neste vieiro é onde Bouza chega á alma do lector: “Recoñézome nos erros do pasado”, confesa, ou: “Medran hedras nas pedras dos meus lugares”.
Son versos intensos e fondos, que camiñan directos na súa mensaxe. Por este suxestivo libro de poemas transitan tamén as voces, en forma de cita, de autores de referencia do noso escritor, que o van guiando no percorrido poético, como Miguel Anxo Fernán Vello, José Ángel Valente, Espronceda, Ángel González, Rilke, Lois Pereiro, Paul Verlaine ou Carlos Oroza, entre outros.
Esta obra resultou gañadora en 2013 da edición número 39 do Certame Literario do Concello de Vilalba, un dos concursos poéticos máis veteranos de Galicia. Foi, así mesmo, finalista nos Premios da Edición de Galicia 2014 na modalidade de Mellor Libro de Poesía do ano.
Realidade e ficción. A novela/manifesto do artista portugués Leonel Moura.
Páxinas: 98
Medidas: 14×21 cm
Idioma: galego
Tradución do portugués: Ramón Nicolás
ISBN: 978-84-89323-41-4
Encadernación: rústica con lapelas
Data de publicación 1ª edición: setembro, 2010
Gianfranco andaba obsesionado polo contido das pequenas latas creadas por Piero Manzoni en 1961. Quería abrir unha delas para averiguar se eran realmente as feces do artista as que estaban dentro. Este é o punto de partida dunha novela fascinante que, mesturando xéneros (realidade e ficción, novela negra, diario íntimo, ensaio…), percorre a arte máis subversiva e incomprendida do século XX. Traducida do portugués ao galego polo profesor e crítico literario Ramón Nicolás. Esta obra foi recoñecida co Premio da Edición de Galicia 2010 á Mellor Tradución do ano.
