20-08-2017 Terra Chá Xa. Presentación en Vilalba
04-08-2017 Versos e aloumiños Blog de Antonio García Teijeiro
9,00 €
O amor, o desamor, a paisaxe, o paso do tempo…
44 pp | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-23-6
A poesía que todo o nomea: o amor, o desamor, a paisaxe, o tempo… Eixes sobre os que transcorre, fuxe, o noso vivir. Sentimentos recreados en trinta e cinco composicións poéticas, construídas baixo a aparente sinxeleza, musical e perfecta, do soneto. “Soneto do desacougo”, “Soneto dende un Boeing 747”, “Soneto da eterna amizade”, “Soneto da seca”…
María Xosé Lamas mergúllase na utopía e poetiza a vida, o día a día e, tamén, os seus desvelos. Esta obra recibiu o Segundo Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición nº 42.
María Xosé Lamas (Vilalba, 1961). Diplomada en Profesorado de Primaria, Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Postgrao en Educación Musical e Primeiro Ciclo do Grao Medio de piano, é na actualidade profesora de Educación Musical. Dende 1979 desenvolveu unha intensa labor no ámbito do teatro afeccionado como directora de varias compañías, actriz, tradutora, adaptadora e autora de numerosas pezas teatrais inéditas, mais case todas representadas. O seu primeiro libro de poesía, Catro palabras caladas, foi editado no 2001 e reeditado ao ano seguinte. A este seguirán Datando lembranzas (2004), Ao norte do camiño (2004), Con Fausto, por este río acima (2010) e Cantigas para aprender a soñar (2015). Conta con diversos premios literarios, a parte dos acadados na súa etapa de estudante: Accésit, Primeiro e Segundo premios no Certame Literario do Concello de Vilalba nos anos 2002, 2003 e 2016, respectivamente, e Premio Arume de Poesía Infantil da Asociación Neira Vilas no 2013.
Non se atoparon produtos que concorden coa selección.
1º Premio XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba
Formato: 14 x 21 cms. Páxs. 64
ISBN: 978-84-89323-99-5
A poesía érguese neste libro como unha forma de dar orde ao caos do universo, ás “dimensións do baleiro”. Estruturado en cinco partes, denominadas “Fiestras…”, nesta obra. o poeta interroga á soidade, ao esquecemento, á desilusión.
A lingua emerxe coma o seu piar: “lingua que me colles dende o berce / e me afastas do silencio orixinal”.
O autor detense tamén na denuncia social, cantando aos “eslombados”, aos “calados e ignorados”. E hai un espazo así mesmo para o amor, o “feitizo“.
Esta obra logrou o primeiro premio na edición número 40 (2014) do xa histórico Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo).
Páxinas: 140
Medidas: 14×21
Idioma: galego
Data de publicación: abril 2009
ISBN: 978-84-89323-30-8
Encadernación: rústica plastificada con lapelas
Ilustracións: Alfonso Martínez
Unha chamada última -que non derradeira- a salvar a paisaxe galega. Unha crítica fonda ás desfeitas. Un berro contra a destrución do noso contorno. E un clamor, tamén, con raiolas de esperanza, para soñar nun futuro de apego coa terra. 36 crónicas de prosa poética e denuncia, acompañadas -e acougadas, a un tempo- polo trazo lene e onírico do ilustrador Alfonso Martínez.
Selección de ilustracións de Alfonso Martínez para este libro
Realidade e ficción. A novela/manifesto do artista portugués Leonel Moura.
Páxinas: 98
Medidas: 14×21 cm
Idioma: castelán
Tradución do portugués: Ramón Nicolás
ISBN: 978-84-89323-42-1
Encadernación: rústica con lapelas
Gianfranco andaba obsesionado polo contido das pequenas latas creadas por Piero Manzoni en 1961. Quería abrir unha delas para averiguar se eran realmente as feces do artista as que estaban dentro. Este é o punto de partida dunha novela fascinante que, mesturando xéneros (realidade e ficción, novela negra, diario íntimo, ensaio…), percorre a arte máis subversiva e incomprendida do século XX.
2º Premio no XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba
Formato: 14 x 21 cms | 60 pp
ISBN: 978-84-89323-31-5
A escrita como refuxio. A poesía tórnase en vieiro para alcanzar o coñecemento das cousas. O verso revélase nas páxinas desta obra coma un xeito de deter o fuxidío da existencia. As palabras como contención. “Unhas palabras que paguen a pena ser escritas / que atrapen a memoria”, di a autora no poema “Adiviñanza”.
Esta obra contén numerosas referencias a poetas clásicos e contemporáneos, que enriquecen a proposta creativa de María Isabel Vázquez: dende Cunqueiro, Valente, Luz Pozo Garza ou Novoneyra, ata Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello ou Luís Rei Núñez.
Esta obra logrou en 2014 o segundo premio na edición número 40 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba.
DIARIO DUN ENCONTRO COA VIDA
147 pp. 14 x 21 cms
ISBN 978-84-89323-96-4
Tras padecer unha fonda depresión, a escritora e filóloga Ursula Heinze (autora dunha extensísima e premiada obra literaria) decide ingresar voluntariamente no sanatorio psiquiátrico La Robleda, preto de Santiago de Compostela.
Neste libro relata os dous meses de finais de 2014 que pasou internada tratando de superar a súa enfermidade. Escribiu día a día. A obra que o lector ten nas súas mans é o retrato coral, intenso e fondamente humano da vida nun psiquiátrico.
«Aquí, no Sanatorio, podemos vivir como realmente somos –afirma Ursula–. Fóra, o mundo é real pero, para sobrevivir, temos que disfrazarnos».
Formato: 78 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-48-3
“Elexías do calado, do que nace coa perda”. Así son estas nenias chairegas de Xosé Otero Canto. Palabras arredor da morte dos vellos da casa e do abandono do mundo rural. Un manancial expresivo nunha visión radical dun tempo que se foi.
Con Limiar de Xosé Manuel Carballo Ferreiro e Epígono de Alfonso Blanco Torrado.
Esta obra obtivo o II premio no XXXVIII Certame Literario do Concello de Vilalba (2012).
Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).
Las cookies estrictamente necesarias tiene que activarse siempre para que podamos guardar tus preferencias de ajustes de cookies.
Si desactivas esta cookie no podremos guardar tus preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web tendrás que activar o desactivar las cookies de nuevo.
Esta web utiliza Google Analytics para recompilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permítenos mellorar a nosa web.
¡Por favor, activa primero las cookies estrictamente necesarias para que podamos guardar tus preferencias!