• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.
Novo

16,90 

50 poemas de Luz

Luz Pozo Garza

Edición e aplicación didáctica: Olivia Rodríguez González

122 pp. 14 x 21 cms
ISBN 979-13-88293-00-9
Papel FSC Amigo dos Bosques

Reunimos nun volume os cincuenta mellores poemas de Luz Pozo Garza, nunha selección e edición ao coidado da experta na autora, a profesora da UDC Olivia Rodríguez González. Un estudo introdutorio e unha útil aplicación didáctica, explican, para todos os públicos, o sentido do luminoso, profundo e sensual universo poético da gran autora falecida na Coruña en 2020, os 97 anos.

Alvarellos Editora publica 50 poemas de Luz, un volume cuxo obxectivo é materializar un dos principais desexos de Luz Pozo Garza: que a súa poesía puidese chegar a todos os públicos.

A profesora da Universidade da Coruña Olivia Rodríguez González é toda unha experta na poeta, coñeceuna persoalmente moi a fondo, e elaborou agora para nós unha selección dos seus mellores versos. Escritos ao longo de case oitenta anos –entre 1942 e 2018–, aquí están reunidos poemas de todos os seus libros, máis outros menos coñecidos.

A antoloxía ábrese cun revelador estudo introdutorio e péchase cunha aplicación didáctica pensada para alumnado de bacharelato, e para todos os públicos. Inclúe asimesmo fotografías e ilustracións da autora.

Un volume destinado, en definitiva, a todas aquelas persoas que desexen gozar do luminoso, profundo e sensual mundo poético da gran Luz Pozo Garza.

Olivia Rodríguez e Luz Pozo, en 2019.

Compartir

Autoría

Luz Pozo Garza (Ribadeo, 1922-A Coruña, 2020), catedrática, poeta, ensaísta e crítica, pertence á Real Academia Galega desde 1996. A súa obra poética principia con Ánfora (1949), El Vagabundo, Cita en el viento... En galego: O paxaro na boca, Verbas derradeiras, Concerto de outono, Códice Calixtino, Prometo a flor de loto, Medea en Corinto, As arpas de Iwerddon, Memoria solar, As vodas palatinas, Deter o día cunha flor (2009)... Dirixiu a revista literaria Nordés. Na actualidade (2011), leva Clave Orión, en galego, con colaboracións en alemán, ruso, grego e outras linguas. Como ensaísta e crítica, publicou A bordo de “Barco sin luces” —agora renovado—, Álvaro Cunqueiro e “Herba aquí e acolá “, Galicia ferida/A visión de Luís Seoane, Ondas do mar de Vigo e Diálogos con Rosalía. A súa traxectoria poética levouna, a través de diversas correntes e técnicas, a acadar unha voz moi persoal, hoxe amplamente recoñecida.

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).