• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

5,90 

Sesenta gallegos ilustres

OBRA PERIODÍSTICA OLVIDADA EN VIDA GALLEGA, 1956-1962

Francisco Fernández del Riego

 

Nº páxinas: 343
Lingua: castelán (o 90%) e galego
Medidas: 14×21
Ano 1ª edición: 2005
ISBN: 84–85311–21–3
Encadernación: capa dura
Ilustracións: reprodución dos orixinais de vinte artigos e varias páxinas da revista Vida Gallega correspondentes á súa segunda etapa, dos anos 50 e 60.

 

Recuperamos a valiosa obra xornalística para Vida Gallega dunha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX, Paco del Riego (Lourenzá-Lugo, 1912 – Vigo, 2010). Sesenta artigos escritos nos anos cincuenta e sesenta que permanecían inéditos en libro e nos que o histórico galeguista fai uso dunha prosa altamente suxestiva coa que nos transporta pola historia e o sentir de Galicia a través dos séculos.

 

Trátase de sesenta artigos que este histórico galeguista -unha das figuras máis relevantes da cultura galega do século XX- escribiu entre os anos 1956 e 1962 dentro dunha sección fixa titulada “Perfiles gallegos”, asinada cun dos seudónimos habituais do escritor, Cosme Barreiros.

 

A través dunha prosa altamente suxestiva, en Sesenta gallegos ilustres Fernández del Riego lévanos pola historia e o sentir de Galicia a través dos seus poetas, pintores, músicos, políticos, aventureiros… Entre eles, Vicetto, Castelao, o Conde de Gondomar, Xoán Montes, Diego Gelmírez, Villar Ponte, Domingo Fontán, Couceiro Freijomil, Nóvoa Santos…

 

É o propio autor quen prologou, aos 92 anos, estes textos recuperados, que aparecen nesta coidada edición con outros traballos seus tamén inéditos en libro, e varios orixinais dos seus artigos tal e como os entregou o escritor á redacción de Vida Gallega.

 

PACO DEL RIEGO: “ERAN TEMPOS ESCUROS”

 

No seu Apunte Limiar, Fernández del Riego afirma que estes textos foron publicados nun tempo “de mesta escuridade para as Letras e a Lingua galegas. O uso público do idioma literario aturaba os máis duros atrancos. Fomentábase dende o poder político a desmemoria dos valores autóctonos e de todo o que supuxese afirmación do ser de Galicia”.

 

Así e todo, este novo libro de Fernández del Riego Sesenta gallegos ilustres permítenos comprobar como en cada páxina, e burlando todas as censuras, se transmite unha aberta defensa do ser e a identidade de Galicia.

 

60fdcf5feb7a
Compartir

Autoría

Francisco Fernández del Riego (Lourenzá-Lugo, 1913 - Vigo, 2010). Profesor de Dereito Penal, comezou a militar nas filas do galeguismo na II República e foi un dos fundadores da Editorial Galaxia (1950). É autor dunha amplísima obra que abarca case todos os xéneros. O seu biógrafo, Antón Mascato, defíneo como “a máis importante das figuras da restauración política e cultural de Galicia do século XX”. Entre os seus traballos escritos cómpre subliñar, ao longo dun labor de máis de setenta anos, o Índice cultural e artístico do renacemento galego (1931), Presencia de Galicia nos vieiros do arte novo (1933), Cos ollos do noso espírito (Bos Aires, 1949), Escolma da poesía galega: os contemporáneos (1955), Escolma da poesía galega: o século XIX (1957), Manual de Historia da literatura galega (1971), Vocabulario castellano-gallego (1979), O río do tempo, unha historia vivida (1990), Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000), e Camiño andado (2003), entre outras.

>> Escoita ao autor recitando un fragmento do Prólogo Gravado en Vigo o 21 de maio de 2007 (ficheiro .mp3 927.45 KB)

> Escoita ao autor recitando fragmentos desta obra Gravado en Vigo o 9 de novembro de 2005(ficheiro .wma 1,4 MB)

 

“Es una obra cuidada con esmero, que contiene una de las piezas de ese puente que algunos de los gallegos más visionarios han construido para que las generaciones actuales no se extravíen por los laberintos de la desmemoria”. JOSÉ VARELA, en “Culturas” de LA VOZ DE GALICIA, 29/10/05

 

“Unha inmellorábel oportunidade para actualizar o noso coñecemento ou descubrir ángulos inéditos destes sesenta galegos nalgúns casos; noutro permitiranos asistir á descuberta dalgúns deles; mais todos contidos nestes breves e celmosos perfís que nos conducen desde Rosalía a Amor Ruibal, de Viqueira a Ovidio Murguía, de Antolín Faraldo a Curros Enríquez, de Crecente Vega a Pondal, pasando por Manuel Antonio, Carré Aldao, Maside, Risco, Pintos ou Noriega Varela até Pimentel entre moitos outros, nun envoltorio que non desmerece en absoluto da categoría destas achegas. Unha iniciativa, en fin, que só cabe saudar con satisfacción”. RAMÓN NICOLÁS en “Faro da Cultura” de FARO DE VIGO, 17/12/05

 

“Son retratos xornalísticos de persoas do máis dispar, de distintas épocas e profesións. Todos teñen en común que se destacaron no empeño por Galicia, unha característica que outorgaba ás súas biografías en pequeno formato un aquel de reivindicación nun tempo, o do franquismo, no que era arriscado defender ideas como as do galeguismo (entre moitas outras). A proba evidente é que estes artigos están escritos en castelán, pero por eles ben que latexa o espírito galego (é un luxo escoitar ao autor ler algúns destes textos, en www.alvarellos.info)”. XESÚS FRAGA, en “Culturas”, LA VOZ DE GALICIA, 31/12/05

Sesenta gallegos ilustres foi seleccionado como un dos mellores libros galegos do ano 2005, segundo os críticos literarios de La Voz de Galicia.

En 2023 Galicia homenaxea a Francisco Fernández del Riego co Día das Letras Galegas.