• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Emilia Pardo Bazán

Emilia Pardo Bazán (A Coruña, 1851 - Madrid, 1921) está considerada como a mellor novelista española do século XIX e unha das máis destacadas e prolíficas escritoras españolas de todos os tempos, autora de centos de contos, libros de viaxes, novelas e ensaios. Foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres. Entre as súas novelas destacan La Tribuna (1883) ou Los pazos de Ulloa (1887) e, entre as biografías, San Francisco. Siglo XIII (1882), publicada tamén por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago en 2014 e que a autora consideraba unha das súas obras máis logradas.

Libros do Autor

El peregrino y otras historias en Compostela

22,90 

Emilia Pardo Bazán

Os contos e novelas curtas que Emilia Pardo Bazán ambientou na cidade de Santiago de Compostela, reunidos agora nunha coidada edición preparada polo catedrático da Universidade de Santiago, o profesor experto na escritora, José Manuel González Herrán. Inclúe manuscritos e ilustracións orixinais moi pouco coñecidos. Un volume publicado por Alvarellos Editora na súa premiada colección Rescate, en coedición co Consorcio de Santiago.

 

356 pp . 13 x 20,5 cms
ISBN 978-84-18567-04-9
Tapa dura e ilustrado.