• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Lois Carré Alvarellos

Lois Carré Alvarellos (A Coruña, 1898-1965) foi un etnógrafo e escritor galego, un dos 11 fillos de Uxío Carré Aldao e Purificación Alvarellos Pena. Irmán, entre outros, de Leandro, Uxío ou Gonzalo e tío de María del Pilar ou May, todos eles, e elas, escritores. Esther García de Lucas, unha das responsables desta edición da biografía de Murguía, destaca que “foron as dúas fillas e herdeiras de Lois Carré, Obdulia e Purificación Helena (xa falecidas) as que custodiaron o seu arquivo ata deixalo nas mans de Luís e Héctor, seus sobriños. Foi así como puiden acceder a un tesouro documental tan interesante como descoñecido”. Lois Carré é tamén autor de O consentimento (1926), Alevamento (1928), Manuel Curros Enriquez. Súa vida e súa obra. Ensaio bio-bibliográfico (1953) Romanceiro popular galego de tradizon oral (1959) ou Contos populares da Galiza (1968).

Libros do Autor

Murguía, o Patriarca. A biografía inédita de 1953

29,50 

Lois Carré Alvarellos

552 pp . 13 x 20 cms.
ISBN 978-84-18567-42-1
Capa dura
Papel FSC Amigo dos Bosques

NP_G_publicación-MURGUIA-O-PATRIARCA-Lois-carré-2023-06-02

Setenta anos despois da súa redacción, publicamos esta meticulosa biografía de Manuel Murguía, Murguía, o Patriarca, escrita por Lois Carré Alvarellos (A Coruña, 1898-1965) e conservada inédita ata hoxe nun mecanoscrito de 370 páxinas. Abarca desde o nacemento do historiador en 1833 ata o ano 1882, pouco antes do falecemento da súa esposa e colega, Rosalía de Castro.

Malia que non puido rematar o seu traballo, a edición deste volume contribuirá de maneira decisiva á reconsideración da figura de Murguía, a quen por certo Lois Carré coñeceu e tratou persoalmente na súa infancia e adolescencia.

As profesoras Olivia Rodríguez González e Esther García de Lucas destacan no Limiar (onde se incorporan numerosas fotografías descoñecidas do autor) a minuciosa bibliografía manexada por Lois Carré, nun texto que combina desde certas doses de novela histórica ata extensos apartados «con raíces no Positivismo científico» onde todo debía ser documentado.

«Lois Carré presenta a vida de Murguía como exemplar, dentro do contexto do pasado colectivo vivido desde a ideoloxía nacionalista», sinalan as profesoras.
A publicación deste novo volume da Colección Rescate coincide coa conmemoración do centenario da morte de quen foi e é considerado o Patriarca das Letras Galegas.