Fragmentos de “Más allá del tiempo”:
“La mañana es náufrago” (poema)
“A mi regreso” (relato)
“Caurel” (poema)
“Más allá del tiempo” (poema)
5,90 €
O libro inédito de 1965
Nº páxinas: 180
Medidas: 14 x 21 cms
Idioma: castelán.
Primeira edición: Marzo 2007
ISBN: 978-84–89323–15–5
Encadernación: cartoné.
Ilustracións: o libro inclúe unha galería gráfica con material pouco coñecido ou inédito (epistolario, mecanoscritos, fotografías…) relativo á xestación desta obra.
Limiar e estudo da obra: Helena González
[Letras Galegas 2007]
Más allá del tiempo é o libro inédito que María Mariño concluíu en 1965 e que permaneceu ilocalizable durante máis de corenta anos. Apareceu xusto cando as Letras Galegas homenaxeaban a esta enigmática escritora, en 2007.
Estamos ante o primeiro libro preparado e ordenado directamente por María Mariño. Más allá del tiempo permite despexar todas as incógnitas e recompoñer a fondo a súa obra.
Ademais de poeta, descubrimos que era unha narradora orixinal, consciente e insubmisa, con influencia dos movementos de vangarda e reveladoras composicións oníricas. Boa parte do libro semella un relato autobiográfico, que se completa coa até agora descoñecida poesía infantil.
Más allá del tiempo é a peza clave para entender a súa obra galega.
Esta edición conta cun amplo e documentado estudo introdutorio a cargo da profesora da Universitat de Barcelona, Helena González, responsable tamén da edición do texto.
Fragmentos de “Más allá del tiempo”:
“La mañana es náufrago” (poema)
“A mi regreso” (relato)
“Caurel” (poema)
“Más allá del tiempo” (poema)
1917-1922 [Libro inédito]
ISBN: 978-84-89323-73-5
Páxinas: 227
Medidas: 13×21 cm
Idioma: galego
Ilustracións: varias fotografías —algunhas inéditas— do autor e reprodución das primeiras páxs. do mecanoscrito orixinal.
Encadernación: cartonado
Data 1ª edición: setembro, 2011
“Un acontecemento literario de altísima importancia”. Así define este achado editorial o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, no limiar a Bretemada, o poemario inédito de Gonzalo López Abente, o escritor e activista cultural a quen en 1971 se lle adicaba o “Día das Letras Galegas”. O libro, integrado por cen poemas, foi escrito entre os anos 1917 e 1922. “Bretemada” é unha metonimia de Galicia. O mecanoscrito orixinal pertence á Real Academia Galega. O profesor e poeta Miro Villar é o responsable do estudo introdutorio e do coidado da edición. Esta obra, editada conxuntamente coa Fundación Gonzalo López Abente, súmase á Colección Rescate (volume nº 15), unha colección gañadora do Premio da Edición de Galicia en 2008 como “Mellor obra editorial do ano”. >> Ver as primeiras páxinas de Bretemada
OBRA PERIODÍSTICA OLVIDADA (1914-1963)
Pensador europeísta e avanzado (o feminismo atravesa toda a súa obra), herdeiro dos fitos do Rexurdimento galego, Victoriano García Martí (A Pobra do Caramiñal, 1881 – Santiago de Compostela, 1966) é unha figura lamentablemente esquecida pola historia da literatura e do pensamento. Amigo persoal de Valle-Inclán e voz reivindicativa do legado de Rosalía de Castro (en 1944 publica a primeira edición das súas Obras Completas), foi tamén un pioneiro na defensa do turismo como fonte de riqueza cultural.
A reivindicación da identidade e a modernización de Galicia (cuxa mellora só chegará a través de “la cultura y la economía”) é unha constante na súa carreira; do mesmo xeito que a súa visión de Santiago de Compostela como cidade literaria.
O presente volume reúne baixo o título Por los caminos del siglo XX, e por vez primeira en libro, sesenta artigos escritos por García Martí entre 1914 e 1963. Un período onde a Guerra Civil e a posterior ditadura marcarían fondamente a vida e a obra do autor.
O coidado da edición e o estudo introdutorio corren a cargo de Arantxa Fuentes Ríos, doutora europea en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela.
Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955
Formato: 180 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-84-1
Estes “Diarios de viaje” de Valentín Paz-Andrade (Lérez-Pontevedra, 1898 – Vigo, 1987) permanecían inéditos dende hai sesenta anos. O seu autor, poeta, xornalista, economista e empresario, e tamén político galeguista, percorreu o Novo Continente, dende Canadá ata Chile, na década dos cincuenta do século pasado. Fíxoo como Delegado para América Latina da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), pois era un recoñecido especialista en economía pesqueira. O resultado daquela experiencia é este delicioso libro de viaxes. Unha prosa riquísima que combina o lirismo fondo do poeta cunha análise profunda e certeira dos lugares, xentes e acontecementos que ía atopando ao seu paso. Anotacións ás veces manuscritas, outras pasadas a máquina, que foron descubertas pola historiadora Emilia García, e que aparecen aquí acompañadas de fotografías, postais ou ilustracións da época, gardadas polo autor entre as follas esquecidas dos seus Diarios.
EDICIÓN BILINGÜE. INCLÚE CD CUN RECITAL INÉDITO DE 1982
Páxinas: 124
Medidas: 13×21
Idioma: galego e castelán
Data de publicación 1ª edición: marzo 2010
ISBN: 978-84-89323-38-4
Encadernación: cartoné
Libro+CD dun dos poetas galegos máis destacados de todos os tempos, no ano no que Galicia lle dedica o Día das Letras Galegas. Uxío Novoneyra alcanza, con Tempo de elexía (o seu segundo libro), o cumio da súa creatividade e inspiración. Versos que, en palabras do autor, “buscan os estados límite do Home diante do Amor e a Morte, a angustia e a distancia interior”. Presentamos unha edición bilingüe que retoma o espírito da primeira publicación desta obra (Madrid, 1966), con tradución ao castelán do propio Uxío Novoneyra, e aportamos, a modo de limiar, unha “Autopoética” na que o autor reflexiona sobre a súas elexías. O CD que acompaña o libro inclúe o recital inédito e íntegro que o poeta ofreceu en Lugo, no Instituto Lucus Augusti, en 1982. Unha oportunidade nova de escoitar a voz auténtica, enérxica e plena de matices do gran “dicidor” das nosas Letras. » escoita o comezo do recital inédito de 1982
RECUPERADA A NOVELA HISTÓRICA DE 1848
Nº páxinas: 297
Medidas: 14 x 21 cms
Idioma: castelán (limiar en galego)
Saída desta edición: setembro 2008
ISBN: 978-84–89323–19–3
Encadernación: cartoné.
Edición ao coidado de Xosé Ramón Fandiño
Esta novela parte dun feito histórico: o asasinato, en xuño de 1366, ás portas da Catedral de Santiago, do arcebispo don Suero Gómez de Toledo mailo seu deán Pedro Álvarez. Un suceso que conmocionou á sociedade da época.
O xornalista compostelán Antonio Neira de Mosquera publicou a obra en Madrid en 1848. Os exemplares desa primeira edición foron axiña retirados pola censura, co que o libro pasou a ser un obxecto de culto, inexistente ata hoxe na maior parte das bibliotecas e arquivos.
A publicación que agora presentamos, ao coidado de Xosé Ramón Fandiño é a primeira dende aquela de 1848 (se exceptuamos a tradución ao portugués aparecida en Porto en 1852). A novela posúe o atractivo das mellores tramas de acción. Un asasinato que vai xermolando dende as primeiras páxinas entre traizóns, paixóns amorosas, vinganzas… e a clave deste tráxico acontecemento: as loitas polo poder entre dous medios irmáns, Pedro I e Henrique de Trastámara.
170 pp | 21 x 15 cms.
Cartonado con sobrecuberta.
ISBN 978-84-16460-99-1
De catro a catro é un dos libros de poesía galega máis relevantes de todos os tempos e está considerado, ademais, como unha das cimas universais da poesía vangardista.
O manuscrito orixinal e inédito de Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930) que aquí publicamos é o documento polo que se guiou o seu editor Ánxel Casal —controlado moi de preto polo propio poeta— para compoñer o libro De catro a catro. Follas d’un diario d’abordo, que sairía do prelo de Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta, na rúa Real, nº 36-1º da Coruña, en marzo de 1928.
O manuscrito é peza única, propiedade dos herdeiros de Domingo García-Sabell, que xenerosamente o cederon para proceder á súa divulgación. Presenta moi bo estado de conservación polo que foi posible abordar esta edición facsimilar e a transcrición íntegra do texto.
O traballo de lectura e transcrición foi realizado por Anxo Tarrío Varela, catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago.
Quixemos respectar o formato e deseño orixinais: o caderno contable no que foron escritos os versos, polo que este volume reproduce fielmente esas características.
Presentamos agora, en 2021, esta segunda edición. Publicamos o manuscrito por vez primeira en decembro de 2016, nunha coedición entre Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da Universidade de Santiago, cuxo Servizo de Publicacións se ocupou da dixitalización do orixinal.
Esta edición do manuscrito chegou a ser cualificada pola crítica como «un dos achados documentais máis sorprendentes deste século» (Armando Requeixo, Faro de Vigo), «unha auténtica alfaia» (Ramón Nicolás, Caderno da crítica) ou «estremecedora edición facsimilar» (Ramón Rozas, Diario de Pontevedra).
Así mesmo, foi finalista en 2017 nos Premios da Crítica de Galicia (na categoría de Creación) e na Gala do Libro Galego (na categoría de Mellor Iniciativa Bibliográfica).
