• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

Autor

Antolín Faraldo

Antolín Faraldo Asorey (Betanzos, 1822 - Granada, 1853) foi, en palabras de Manuel Murguía, «el primero y el mejor». Simboliza, ante todo, a voz dunha xeración, a dos Provincialistas, que iniciaron o vieiro cara ao noso autogoberno. Faraldo foi alma e mente da Revolución de 1846, a que concluíu traxicamente co fusilamento dos hoxe coñecidos como Mártires de Carral. (Imaxe: Faraldo retratado por Francisco Sobrino - Real Academia Galega).

Libros do Autor

Querida Liberdade

24,00 
Vida e obra dun precursor do Rexurdimento

Antolín Faraldo

Edición e estudo de Xurxo Martínez González

420 pp . 13 x 20,5 cms.
ISBN: 978-84-18567-17-9

 

Premio de Investigación Ramón Baltar Feijoo 2024

 

No 200 aniversario do seu nacemento, este volume aborda, por vez primeira dun xeito integral, a vida e a obra de quen Manuel Murguía definiu como «el primero y el mejor»: Antolín Faraldo, a voz de toda unha xeración, a alma da revolución de 1846, unha figura case mítica no imaxinario galego e que hoxe aínda segue a ser un gran descoñecido.

Querida Liberdade contén, por unha banda, un amplo estudo introdutorio, a cargo de Xurxo Martínez González, que nos mergulla de maneira trepidante nunha época tan apaixonada: con ritmo, estruturado en breves epígrafes e cunha clara vontade didáctica e divulgativa. Tras el, unha completa antoloxía con 45 artigos de Faraldo.

 

Empezar-lectura-QUERIDA-LIBERDADE-Antolin-Faraldo-2022

Nota de Prensa e resumo Querida Liberdade-Antolín Faraldo

 

Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).