• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

14,00 

IRMÁS. Oito diálogos contra a desmemoria

Eilún Del Pazo Moa
Beatriz Dourado
Cecilia F. Santomé
Míriam Ferradáns
Rochi Nóvoa Vázquez
Patricia Torrado Queiruga
Lupe Bao
Tamara Andrés

 

68 pp . 14 x 21 cms.
ISBN: 978-84-18567-39-1
Impreso en papel FSC Amigo dos Bosques

 

A homenaxe de oito autoras actuais ás mulleres silenciadas das Irmandades da Fala (1916-1936)

 

NOTA DE PRENSA: NP_G_Irmás_alvarellos-ed_2023

 

Oito escritoras actuais renden homenaxe a algunhas das mulleres máis destacadas na Galiza do período de 1916-1936. Mulleres que, desde logo, non correron a mesma sorte que os seus contemporáneos, homes, que si ficaron nas páxinas da nosa Historia formando parte das Irmandades da Fala.

 

A través de poemas, relatos ou ilustracións, en Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria conflúe a mirada de oito mulleres do pasado e oito do presente.

 

Este volume xorde a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ, a entidade que comanda o escritor e activista cultural Martiño Maseda e a presente publicación está coordinada pola tamén escritora, e docente, Beatriz Dourado.

 

As Irmás reivindicadas son: Amalia Álvarez, Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes, Elvira Bao, Jacinta Landa, Amparo López Jean e Teruca Bouza.

 

Sobre elas, escriben:
Eilún Del Pazo Moa, Beatriz Dourado, Cecilia F. Santomé, Míriam Ferradáns, Rochi Nóvoa Vázquez, Patricia Torrado Queiruga, Lupe Bao, Tamara Andrés.

 

O volume inclúe imaxes e unha biografía de cada unha das mulleres reivindicadas.

 

A capa está ilustrada por Adolfina Mesa.

 

 

 

Compartir