POEMAS DE RUXIDO E BARRUZO
8,00 €[2º Premio XLI Certame Literario Concello de Vilalba]
46 pp. | 14 x 21 cms
ISBN 978-84-16460-11-3
O barruzo, esa chuvia pequena e teimuda que semella desaxustar o mundo, e o ruxido como metáfora –e berro– do creador inadaptado, son os dous eixes sobre os que se constrúen estes versos de Paulino Pereiro, Poemas de ruxido e barruzo, unha obra que recibiu en 2015 o 2º premio do Certame Literario do Concello de Vilalba.
“O meu barco non ten océano”, escribe o poeta. O autor atopa abeiro nunha natureza que representa aquí o equilibrio, coma o río, “sangue paralelo do meu sangue”, ou o aire da mañá “que batalla contra o ruxido”. Sobre todos eles xorde tamén o acougo na función da propia escrita.
Trinta e seis poemas en verso libre que flúen musicais e poderosos estruturados coma un diario real, datado en tempo e espazo, escritos durante seis semanas dun verán no norte…