• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

17,00 

DIARIOS DE VIAJE

Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955

 

Formato: 180 pp. 13×23 cms
ISBN: 978-84-89323-84-1

 

Estes “Diarios de viaje” de Valentín Paz-Andrade (Lérez-Pontevedra, 1898 – Vigo, 1987) permanecían inéditos dende hai sesenta anos. O seu autor, poeta, xornalista, economista e empresario, e tamén político galeguista, percorreu o Novo Continente, dende Canadá ata Chile, na década dos cincuenta do século pasado. Fíxoo como Delegado para América Latina da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura), pois era un recoñecido especialista en economía pesqueira. O resultado daquela experiencia é este delicioso libro de viaxes. Unha prosa riquísima que combina o lirismo fondo do poeta cunha análise profunda e certeira dos lugares, xentes e acontecementos que ía atopando ao seu paso. Anotacións ás veces manuscritas, outras pasadas a máquina, que foron descubertas pola historiadora Emilia García, e que aparecen aquí acompañadas de fotografías, postais ou ilustracións da época, gardadas polo autor entre as follas esquecidas dos seus Diarios.

863ca5ac5d7c
Compartir

Autoría

Valentín Paz-Andrade (Lérez-Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987) foi avogado, político, empresario, escritor, poeta e xornalista. Fundador do diario Galicia (1922), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931, con Castelao e Cabanillas. Nos anos 50 exerceu como delegado para América Latina da FAO (Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura), pois era un recoñecido especialista en economía pesqueira. En 1976 foi nomeado, en representación de Galicia e como independente, na Comisión negociadora da Transición. Foi senador de 1977 a 1979. Autor, entre outros libros, dos ensaios Galicia como tarea (1957), La marginación de Galicia (1970), Galicia lavra a sua imagem (1985), os poemarios Pranto matricial , Sementeira do vento e Cen chaves de sombra ou a biografía Castelao na luz e na sombra (1982). No ano 2012 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.