RECUERDOS DE AGOSTO
23,00 €Obra poética, 1850-1858
Formato: 461 pp. 13×21 cms
ISBN: 978-84-89323-55-1
[Capa dura]
133 poemas de Aurelio Aguirre. Máis de oitenta deles, inéditos. Outros, como o célebre “Brindis” de Conxo, aparecen agora por vez primeira completos e sen censuras.
Nunha edición crítica, introdución e notas a cargo da profesora Olivia Rodríguez González e cun estudo histórico da man de Xurxo Martínez González. A reprodución de manuscritos inéditos completa esta coidada edición coa que pretendemos reparar en algo a débeda histórica que, cara á súa figura, Galicia enteira e tamén o movemento romántico español, contraeron durante todo este tempo.