• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

9,50 

De casa queimada

Segundo premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba

 

56 pp . 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-93-9

 

De casa queimada é o título do novo libro de Iria Collazo López. Recibiu en 2019 o segundo premio do IIº Certame de Poesía Torre de Caldaloba que convocan anualmente o Concello de Cospeito (Lugo) e a Asociación Cultural de Pino, en colaboración con Culturalia GZ.

 

Ao longo de 34 poemas, Iria Collazo (que publica por vez primeira en verso) crea unha penetrante voz poética que reflexiona sobre a infancia, a perda, o paso do tempo…. todo arredor da lembranza e a imaxe da vella casa familiar, hoxe perdida, esa “casa queimada” que actúa de suxeito activo e interpela durante toda a obra:

 

“A casa é o lugar onde se soña. / Eu había moito tempo que non conseguía durmir”, escribe nun dos poemas.

Compartir

Autoría

Iria Collazo López naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero vive dende os sete anos no Morrazo, onde exerce como profesora de Lingua e Literatura galegas. Comezou a súa carreira literaria como narradora en 2015 coa publicación de Coma unha áncora. De 2016 é o conxunto de relatos A soidade das medusas e no 2019 publicou, para o público xuvenil, A casa do paralelo 54. A presente obra, De casa queimada, é o seu primeiro libro de poemas.