SOLO RIVAS FONTÁN
24,00 €Memorias de un político lejos del rebaño
Formato 15,5 x 23,5 cm. | 356 pp.
ISBN 978-84-16460-07-6
Un dos políticos imprescindibles para entender a historia recente de Pontevedra e tamén a Transición política en Galicia e España leva a cabo un exercicio de sinceridade abrumadora. “Un thriller que se lee de un trago”, afirma Manuel Jabois, autor do prólogo.
Quen é José Rivas Fontán? O primeiro alcalde democrático de Pontevedra? O líder sindical do movemento de mestres que acabou como deputado constituínte nas filas da UCD de Adolfo Suárez? O primeiro secretario xeral da Xunta de Galicia? O home que se enfrontou a Luciano Varela e sufriu un via crucis xudicial? O político que coñeceu a fondo a Mariano Rajoy, a Manuel Fraga, a Xosé Cuíña ou ao propio Suárez? A vella gloria que se foi do PP dando un portazo? Ou é tamén Pepiño da Gándara, aquel neno de Verducido? Ou o pai que asistía impotente ao seu desfile xudicial no “telediario” das tres? O alcalde que plantou batalla ou o ser humano que notaba unha erosión interior abraiante e imparable?
Todas esas persoas conforman este José Rivas Fontán poliédrico, un protagonista imprescindible para entender non só a historia de Pontevedra, que corre paralela á súa, senón a dun país e a súa democracia; un retrato debuxado nunhas memorias que, sabiamente armadas polo xornalista Adrián Rodríguez, constitúen un exercicio de sinceridade abrumadora.