María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo
20,50 €Aurora Marco
272 pp . 13 x 23 cms.
ISBN 978-84-18567-84-1
PAPEL FSC Amigo dos Bosques
Aurora Marco, catedrática da USC e especialisa na recuperación da memoria de mulleres galegas, especialmente as represaliadas, rescata do esquecemento a figura da mestra María Vázquez Suárez (Santiago, 1894-Pontedeume, [?], 1936).
Un ensaio de 272 páxinas que aporta ata cen fotografías e documentos históricos, a maior parte deles, descoñecidos.
Relata a autora no Limiar:
«Aquel 19 de agosto de 1936 resoaron na noite os disparos que acabaron coa vida dunha mestra vocacional, dunha renovadora pedagóxica, dunha muller progresista, militante socialista, afervoada defensora dos dereitos femininos, (…) No período republicano, as mestras tiveron un papel capital, como os mestres. O que acontece é que as súas achegas, e até os seus nomes, ficaron con moita frecuencia invisibilizados».
Nacida en Compostela, con raíces en Sober, estudou Maxisterio na Coruña, mestra na Pobra do Caramiñal e en Miño, e enterrada en Pontedeume.
Tantos anos despois, estas páxinas son memoria reparadora, loita contra o esquecemento.
A carón do relato incorpóranse o lamentable expediente de depuración, aberto catro anos despois do seu asasinato.

