Empezar-a-ler-Os-médicos-tamén-enferman
NP_GAL_Os_médicos_tamén_enferman_M_Noriega_Alvarellos_Ed_2025
16,90 €
130 pp. 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-76-6
Impreso en Papel FSC Amigo dos Bosques
Idioma: galego
NP_GAL_Os_médicos_tamén_enferman_M_Noriega_Alvarellos_Ed_2025
Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois en Santiago de Compostela, Martiño Noriega regresou á súa profesión, a Medicina. Os médicos tamén enferman é unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.
Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-Covid, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.
«Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos de sobreexposición pública ‒afirma no Limiar ‒. Na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura».
Vv. Aa. Edición: Miro Villar | Xosé M. Lobato
Formato: 14×21 cms. 322 pp.
ISBN: 978-84-16460-15-1
Se hai un cumio ou monte mítico, simbólico e histórico a un tempo, en Galicia, este é o Pico Sacro. Elévase garboso ao leste de Compostela, no Concello de Boqueixón, a 533 metros de altitude.
Este libro reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun traballo pioneiro: recompilaron textos clásicos, históricos —algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe— e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais.
Dende o Rexurdimento ata os nosos días, o Pico Sacro foi constante invocación literaria, e esta obra é a proba evidente. Poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas, ata contos infantís…
“Historia e ficción mestúranse aquí nun binomio inseparable”, sinalan os artífices desta convocatoria.
Subamos pois ao Pico Sacro. E academos, dende Galicia, o universo enteiro. Un universo escrito que se desprega en cada unha destas páxinas.
1º Premio do Certame Literario de Vilalba 2013
Formato: 73 pp. 14×21 cms
ISBN: 978-84-89323-60-5
A noite é gran inspiradora de poetas. Nesta nova obra de Pablo Bouza, Os privilexios dos somnámbulos, o autor atopa ese “aire viciado” onde despregar “a inmensa dimensión das palabras”. “Noite / dáme algo de ti / da túa luz negada”.
A poesía só pode ser honestidade, verdade. Neste vieiro é onde Bouza chega á alma do lector: “Recoñézome nos erros do pasado”, confesa, ou: “Medran hedras nas pedras dos meus lugares”.
Son versos intensos e fondos, que camiñan directos na súa mensaxe. Por este suxestivo libro de poemas transitan tamén as voces, en forma de cita, de autores de referencia do noso escritor, que o van guiando no percorrido poético, como Miguel Anxo Fernán Vello, José Ángel Valente, Espronceda, Ángel González, Rilke, Lois Pereiro, Paul Verlaine ou Carlos Oroza, entre outros.
Esta obra resultou gañadora en 2013 da edición número 39 do Certame Literario do Concello de Vilalba, un dos concursos poéticos máis veteranos de Galicia. Foi, así mesmo, finalista nos Premios da Edición de Galicia 2014 na modalidade de Mellor Libro de Poesía do ano.
O novo libro de relatos de Antón Grande.
Ilustrado por Quique Bordell.
Medidas: 14 x 21 cms
Pp.: 135
Idioma: galego
ISBN: 978-84-89323-16-2
Encadernación: tapa branda plastificada, con lapelas.
Trinta historias cotiás que de súpeto encaixan ó abraio do inesperado. Dende as tabernas de Lugo até os ceos imposibles de Nova York. Antón Grande transita por paisaxes e xentes do seu contorno vital e crea un universo breve, fragmentado e relativo, ou sexa, narra o que podería ser o noso propio existir. Pé da prosa emerxen, poderosas, as ilustracións sempre a contrafío de Quique Bordell. “Antón Grande é un autor para ler contra a noitiña –afirma Xosé de Cora no seu limiar–; díría máis, é un autor para ler nun establecemento público, ao carón dun vaso de viño, agardando a chegada do amigo, da amada ou dese ninguén que xamais chega”.
2º Premio no XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba
Formato: 14 x 21 cms | 60 pp
ISBN: 978-84-89323-31-5
A escrita como refuxio. A poesía tórnase en vieiro para alcanzar o coñecemento das cousas. O verso revélase nas páxinas desta obra como un xeito de deter o fuxidío da existencia. As palabras como contención. “Unhas palabras que paguen a pena ser escritas / que atrapen a memoria”, di a autora no poema “Adiviñanza”.
Esta obra contén numerosas referencias a poetas clásicos e contemporáneos, que enriquecen a proposta creativa de María Isabel Vázquez: dende Cunqueiro, Valente, Luz Pozo Garza ou Novoneyra ata Yolanda Castaño, Miguel Anxo Fernán Vello ou Luís Rei Núñez.
Esta obra logrou en 2014 o segundo premio na edición número 40 do veterano Certame Literario do Concello de Vilalba.
DIARIO DUN ENCONTRO COA VIDA
147 pp. 14 x 21 cms
ISBN 978-84-89323-96-4
Tras padecer unha fonda depresión, a escritora e filóloga Ursula Heinze (autora dunha extensísima e premiada obra literaria) decide ingresar voluntariamente no sanatorio psiquiátrico La Robleda, preto de Santiago de Compostela.
Neste libro relata os dous meses de finais de 2014 que pasou internada tratando de superar a súa enfermidade. Escribiu día a día. A obra que o lector ten nas súas mans é o retrato coral, intenso e fondamente humano da vida nun psiquiátrico.
«Aquí, no Sanatorio, podemos vivir como realmente somos –afirma Ursula–. Fóra, o mundo é real; pero, para sobrevivir, temos que disfrazarnos».
ISBN: 978-84-89323-74-2
Páxinas: 141
Medidas: 14×21 cm
Idioma: castelán
Ilustracións: Alfonso Martínez
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición: novembro, 2011
Xosé Carlos Caneiro é un dos escritores galegos máis premiados. A súa fecunda obra, traducida a varios idiomas, ten cautivado a milleiros de lectores. El libro de los besos y la niebla (Alvarellos Editora, 2011) marca o seu retorno ás letras en castelán, que abandonara en 2003, e é onde o autor de Verín viaxa a través do xornalismo, o ensaio, a prosa poética ou o diario íntimo.
Xosé Carlos Caneiro reescribe en castelán algunhas das reflexións publicadas na prensa, e engade novas historias e invencións. Algúns dos capítulos son tan breves coma un haiku (eses poemas filosóficos da literatura xaponesa); outros, abren a porta ao seu diario íntimo. El libro de los besos y la niebla mostra, en esencia, todos os mundos persoais e/ou literarios do escritor. Son miniaturas de prosa coidadísima e fondos sentimentos. E onde tamén agroma o agudo crítico literario: Kafka, Cortázar, Vargas Llosa, Sábato, Joyce ou Rulfo poboan este micro-universo narrativo.
“Este es un libro de besos y niebla —afirma Caneiro nas súas primeiras liñas—. De pasiones, tedio, literatos y literatura, deseo, abrazos y pellizcos en el alma. He escrito muchos libros que no son como este. O tal vez he escrito siempre este libro, nada más. Puede que en él encuentre usted el amor de su vida, porque solo fue un sueño, y puede que mis palabras vuelen como palomas a cualquier precipicio”. Esta obra está ilustrada por Alfonso Martínez (Cartagena, 1973).
