Os médicos tamén enferman
16,90 €Martiño Noriega
130 pp. 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-76-6
Impreso en Papel FSC Amigo dos Bosques
Idioma: galego
NP_GAL_Os_médicos_tamén_enferman_M_Noriega_Alvarellos_Ed_2025
Doce anos despois de exercer como alcalde, primeiro no Concello de Teo, e despois en Santiago de Compostela, Martiño Noriega regresou á súa profesión, a Medicina. Os médicos tamén enferman é unha crónica persoal onde Noriega relata o seu retorno ao mundo sanitario nestes anos precarios.
Escrito entre os anos 2021 e 2024, este libro permítenos descubrir directamente o sentir dun médico no duro contexto da sanidade pública nesta época da post-Covid, mais tamén está inspirado nas voces directas das propias persoas que escoita cada día na súa consulta de atención primaria.
«Reincorporeime á medicina ao comezo da pandemia, despois de moitos anos de sobreexposición pública ‒afirma no Limiar ‒. Na Medicina de Familia reencontreime nos coidados coa palabra acompañar, co exercicio de escoitar e co innecesario de ter que opinar de todo a todas horas. Este feixe de historias naceron precisamente desa escoita atenta que pode ser parte da cura».