Y tú, por qué quieres hablar de eso
16,50 €Paz Leirós
144 pp. Formato: 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-22-3
16,50 €
Tradución ao galego: Susana G. Ducrós
Páxinas: 144. Formato 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-82-7
Papel FSC Amigo dos Bosques
Publicamos, en colaboración co Consorcio de Santiago, e agora en galego, a novela histórica de Paz Leirós E ti, por que queres falar diso? que aparecera en castelán en 2022. Un relato que mistura ficción e historia sobre a memoria máis incómoda da guerra civil e da posguerra. O testemuño literario dunha familia que apoiou o golpe de estado en Santiago de Compostela.
Quen apoiaron o golpe de estado de 1936 en Santiago de Compostela? Por que o fixeron?
E ti, por que queres falar diso? (Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago, 2025) é un testemuño literario cunha enorme carga de verdade, honestidade, dor e contradicións, que plasma un tempo difícil e incómodo de maneira extremadamente orixinal, un tempo que expresa ademais a dificultade das mulleres para tomar decisións sobre a súa propia vida.Unha colaxe de voces, situacións, viñetas e fragmentos emerxen ao redor dunha familia, os Cifuentes, e dunha cidade, Compostela. Historias narradas a través dunha estrutura coral, dun fluír entrecortado de alocucións e silencios… É a Historia oficial e sobre todo a oculta. A memoria e os feitos. A palabra contra o esquecemento.
Tres anos despois da súa primeira edición en castelán, publicamos en galego, en coedición co Consorcio de Santiago, esta singular e inspirada obra de Paz Leirós, nunha tradución a cargo de Susana G. Ducrós.
144 pp. Formato: 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-18567-22-3
LETRAS GALEGAS 2016
Formato: 128 pp. 14×21 cm
ISBN: 84–89323–10–0
Ano 1ª edición: 1979
Segunda edición en Alvarellos Editora: 2006
Ilustracións: Xohán Clodio
“Un intento de facer, con elementos surrealistas, unha poetización desta sociedade de consumo na que vivimos”. Así resumiu a obra o propio autor, Manuel María. O poeta escribiu este poemario en 1978 e saíu publicado por vez primeira en Alvarellos Editora ao ano seguinte, en febreiro. O Catavento de neutrós domesticados é un libro sorprendente, innovador e anticipador.
Un dos títulos históricos do primeiro catálogo desta editorial que, tres décadas despois da súa aparición, cumpría recuperar. A obra destila altas doses de inconformismo, retranca, desacougo e caos. Transcorre entre o íntimo e o social. Nela emerxen verdadeiros achados semánticos nun altísimo dominio do idioma.
A presente edición mantén a portada orixinal de 1979 coas ilustracións interiores de Xohán Clodio, e complétase cun amplo e documentado estudo por parte do profesor e escritor Camilo Gómez Torres, un profundo coñecedor da obra de Manuel María, a quen cualifica de “autor total”.
DIARIO DUN ENCONTRO COA VIDA
147 pp. 14 x 21 cms
ISBN 978-84-89323-96-4
Tras padecer unha fonda depresión, a escritora e filóloga Ursula Heinze (autora dunha extensísima e premiada obra literaria) decide ingresar voluntariamente no sanatorio psiquiátrico La Robleda, preto de Santiago de Compostela.
Neste libro relata os dous meses de finais de 2014 que pasou internada tratando de superar a súa enfermidade. Escribiu día a día. A obra que o lector ten nas súas mans é o retrato coral, intenso e fondamente humano da vida nun psiquiátrico.
«Aquí, no Sanatorio, podemos vivir como realmente somos –afirma Ursula–. Fóra, o mundo é real; pero, para sobrevivir, temos que disfrazarnos».
1º Premio XL Certame de Poesía do Concello de Vilalba
Formato: 14 x 21 cms. Páxs. 64
ISBN: 978-84-89323-99-5
A poesía érguese neste libro como unha forma de dar orde ao caos do universo, ás “dimensións do baleiro”. Estruturado en cinco partes, denominadas “Fiestras…”, nesta obra o poeta interroga á soidade, ao esquecemento, á desilusión.
A lingua emerxe coma o seu piar: “lingua que me colles dende o berce / e me afastas do silencio orixinal”.
O autor detense tamén na denuncia social, cantando aos “eslombados”, aos “calados e ignorados”. E hai un espazo así mesmo para o amor, o “feitizo“.
Esta obra logrou o primeiro premio na edición número 40 (2014) do xa histórico Certame Literario do Concello de Vilalba (Lugo).
ISBN: 978-84-89323-74-2
Páxinas: 141
Medidas: 14×21 cm
Idioma: castelán
Ilustracións: Alfonso Martínez
Encadernación: rústica con lapelas
Data 1ª edición: novembro, 2011
Xosé Carlos Caneiro é un dos escritores galegos máis premiados. A súa fecunda obra, traducida a varios idiomas, ten cautivado a milleiros de lectores. El libro de los besos y la niebla (Alvarellos Editora, 2011) marca o seu retorno ás letras en castelán, que abandonara en 2003, e é onde o autor de Verín viaxa a través do xornalismo, o ensaio, a prosa poética ou o diario íntimo.
Xosé Carlos Caneiro reescribe en castelán algunhas das reflexións publicadas na prensa, e engade novas historias e invencións. Algúns dos capítulos son tan breves coma un haiku (eses poemas filosóficos da literatura xaponesa); outros, abren a porta ao seu diario íntimo. El libro de los besos y la niebla mostra, en esencia, todos os mundos persoais e/ou literarios do escritor. Son miniaturas de prosa coidadísima e fondos sentimentos. E onde tamén agroma o agudo crítico literario: Kafka, Cortázar, Vargas Llosa, Sábato, Joyce ou Rulfo poboan este micro-universo narrativo.
“Este es un libro de besos y niebla —afirma Caneiro nas súas primeiras liñas—. De pasiones, tedio, literatos y literatura, deseo, abrazos y pellizcos en el alma. He escrito muchos libros que no son como este. O tal vez he escrito siempre este libro, nada más. Puede que en él encuentre usted el amor de su vida, porque solo fue un sueño, y puede que mis palabras vuelen como palomas a cualquier precipicio”. Esta obra está ilustrada por Alfonso Martínez (Cartagena, 1973).
Un berro que sae do profundo
58 pp. | 14 x 21 cms.
ISBN 978-84-16460-22-9
Telúrica é un berro que sae do profundo, unha forza que se revira contra nós e que participa da terra. Herdeiro da mellor tradición poética dunha comarca tan literaria como a luguesa da Terra Chá, Xosé Otero Canto penetra como “o lume nas entrañas” na terra convertida en “corpo sacratísimo dos nosos”, mais tamén “sementada de luz” e “bébeda de auga”, unha terra moura que agroma en verde, tatuada e esculpida en vento.
Nestes poemas, a riqueza léxica actúa cun brío fortificado ante o bastión inexpugnable do Telúrico.
Xosé Otero Canto logrou coa solidez enérxica da palabra o Primeiro Premio do Certame Literario do Concello de Vilalba na súa edición nº 42 (2016).
O presente volume enriquécese coas ilustracións de José María Lugilde.
Vv. Aa. Edición: Miro Villar | Xosé M. Lobato
Formato: 14×21 cms. 322 pp.
ISBN: 978-84-16460-15-1
Se hai un cumio ou monte mítico, simbólico e histórico a un tempo, en Galicia, este é o Pico Sacro. Elévase garboso ao leste de Compostela, no Concello de Boqueixón, a 533 metros de altitude.
Este libro reúne a obra de noventa autores e autoras arredor desta cima única. Unha edición ao coidado de Miro Villar e Xosé Manuel Lobato, responsables dun traballo pioneiro: recompilaron textos clásicos, históricos —algúns ben coñecidos, outros moi pouco divulgados ata hoxe— e puxéronos a dialogar con novas composicións, inéditas, de autores e autoras actuais.
Dende o Rexurdimento ata os nosos días, o Pico Sacro foi constante invocación literaria, e esta obra é a proba evidente. Poemas, relatos, ensaios, crónicas xornalísticas, ata contos infantís…
“Historia e ficción mestúranse aquí nun binomio inseparable”, sinalan os artífices desta convocatoria.
Subamos pois ao Pico Sacro. E academos, dende Galicia, o universo enteiro. Un universo escrito que se desprega en cada unha destas páxinas.
