• 0 Items - 0,00 
    • Non hai produtos no carriño.

16,50 

Cartas de Conxo (O legado das Távora)

Xurxo Alonso

 

XLIX Premio de Poesía do Concello de Vilalba (2023)

 

103 pp . 14 x 21 cms.
ISBN: 978-84-18567-57-5
Papel FSC Amigo dos Bosques
Ilustrado

 

Cartas de Conxo (O legado das Távora) é a obra gañadora da edición nº 49 do Certame Literario do Concello de Vilalba. Neste poemario, o autor, Xurxo Alonso, poeta e pintor, xoga cos fíos do que aconteceu nos primeiros días da Guerra Civil, mesturando rumores e testemuños, para crear unha realidade que podería ter acontecido en calquera lugar da Galiza.

 

Dúas irmás, as Távora, envían cartas contando o que está a suceder ao seu redor. Un destes escritos é interceptado pola Garda Civil e elas acaban ingresadas no Manicomio de Conxo (o actual Sanatorio Psiquiátrico en Santiago de Compostela). Dende este lugar, seguen a enviar misivas, pero xa non chegarán ao seu destino, porque disto encargarase unha das monxas.

 

A partir destes acontecementos, Xurxo Alonso constrúe unha obra que se mergulla, empregando o verso longo e libre, e potentes ilustracións, naqueles días terribles, naquel tempo de asasinatos, fuxidos, clandestinidade e vinganzas.

 

Compartir

Autoría

Xurxo Alonso (Buenos Aires, 1956) é licenciado en Bioloxía, pintor e poeta. Autor de nove poemarios, recibiu, entre outros, os seguintes premios: Avelina Valladares, Johán Carballeira, Francisco Añón, Bouza-Brey, Concello de Carral, Cidade de Ourense, Díaz Castro, Concello de Marín, Concello de Ames, Torre de Caldaloba –por Hora de penumbra (2019), tamén en Alvarellos Editora–, Lueiro Rey, Leiras Pulpeiro e Concello de Vilalba. Como pintor, realizou máis de setenta exposicións individuais e obtivo premios como a Bienal Cidade de Pamplona, Bienal de Pontevedra, Premio Gredos e Bienal Eixo Atlántico. Para contactar co autor: xurxoalonsog@gmail.com
Alvarellos Editora
Resumen de privacidade

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos e para mostrarche publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas).